Fiopáns, A Baña
parroquia civil do concello da Baña
San Pedro de Fiopáns é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 181 habitantes (94 homes e 87 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 268 habitantes.
Fiopáns | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Fiopáns. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°55′56″N 8°41′38″O / 42.9322, -8.6948°41′38″O / 42.9322, -8.694 |
Área | 4,69 km² |
Poboación | 181 hab. (2016) |
Densidade | 38,59 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
Idade Media
Da época medieval existe un conxunto de doce cazoletas de pequeno tamaño realizadas sobre a superficie horizontal dun afloramento granítico de grandes dimensións. Este conxunto chámase Petróglifo do Monte da Calexa, situado en Alde.[2]
Cultura
Patrimonio
Patrimonio arquitectónico relixioso
- Igrexa parroquial. Situada en San Pedro de Fiopáns, é de estilo barroco. Nela consta documentación do 1777, aínda que se supón que a súa construción se remonta a varios anos antes. Destaca a presenza de varios escudos de armas, seis dentro da igrexa, e un no hórreo próximo á casa reitoral.
Patrimonio etnolóxico
Muíños[3]
Todos están situados no regueiro chamado da Calexa (río Portalaxe)
- de Baixo da Calexa, moía catro meses no ano.
- de Rebordáns da Calexa, ídem.
- do Crego, ídem.
- dos Batáns, ídem.
- dos Herdeiros, ídem.
- da Baña, moía dous meses no ano.
Pombais[3]
- Pombal do cura.
Etnografía
Festas
- 2 de febreiro: As Candeas
- 29 de xuño: San Pedro
- 30 de xuño: Santo Antón
- Último domingo de agosto: San Roque
- 8 de outubro: A Inmaculada
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.
- Cruceiro en Fiopáns.
- Cruceiro no cemiterio de Fiopáns.
- Escudo na fachada e pía bautismal no adro da igrexa.
- Imaxe de San Pedro na fachada da igrexa.
Lugares e parroquias
Lugares de Fiopáns
Lugares da parroquia de Fiopáns no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Agrocovo | O Alde | Estibadiña | Fiopáns | Peisais | San Pedro | Troitomil | Vilar de Suso |
Parroquias da Baña
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5