Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista dos filmes propostos na 92ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[2][3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3] A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.[4]

Bong Joon-ho dirixiu o primeiro filme de Corea do Sur en gañar o premio, Gisaengchung (2019).

Os filmes presentados teñen que ser estreados nos cinemas dos respectivos países entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.[5] A data límite para presentar as propostas foi o 1 de outubro de 2019, e a Academia anunciou a lista de filmes elixibles o 7 de outubro de 2019. Un total de 94 países presentaron un filme, cun número récord de 93 propostas aceptadas.[6][7] Tres países presentaron un filme por vez primeira. Ghana enviou Azali,[8] Nixeria enviou Lionheart,[9] e Uzbekistán enviou Issiq non.[10] Porén, o 4 de novembro de 2019, a Academia descualificou a proposta de Nixeria xa que a maioría do diálogo estaba en inglés.[11]

De toda a lista, só dez filmes pasaron á lista curta,[12] que foron anunciados o 16 de decembro de 2019,[13] cos cinco nomeados finais sendo anunciados o 13 de xaneiro de 2020.[14][15] Gisaengchung de Bong Joon-ho gañou o Premio para Corea do Sur,[16] así como o Óscar ó mellor filme, converténdose no primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo.[17]

Propostas

PaísTítuloLingua(s)Director(es)Resultado
AfganistánHava, Maryam, Ayesha[18]PersaSahraa KarimiNon elixible[19]
AlbaniaDelegacioni[20]Albanés e francésBujar AlimaniNon nomeado
AlemañaSystemsprenger[21]AlemánNora FingscheidtNon nomeado
AlxeriaPapicha[22]Árabe e francésMounia MeddourNon nomeado
Arabia SauditaThe Perfect Candidate[23]ÁrabeHaifa al-MansurNon nomeado
ArmeniaErken kisher[24]ArmenioEdgar BaghdasaryanNon nomeado
ArxentinaLa odisea de los giles[25]CastelánSebastián BorenszteinNon nomeado
AustraliaBuoyancy[26]Khmer e tailandésRodd RathjenNon nomeado
AustriaJoy[27]Inglés e alemánSudabeh MortezaiDescualificado[28]
BangladeshAlpha[29]BengalíNasiruddin YousuffNon nomeado
BelarúsDebut[30]RusoAnastasiya MiroshnichenkoNon nomeado
BélxicaNuestras madres[31]CastelánCésar DíazNon nomeado
BoliviaTu me manques[32]Castelán e inglésRodrigo BellottNon nomeado
Bosnia e HercegovinaSin[33]BosníacoInes TanovićNon nomeado
BrasilA Vida Invisível[34][35]PortuguésKarim AïnouzNon nomeado
BulgariaÁga[36]IacutMilko LazarovNon nomeado
CamboxaIn the Life of Music[37]Khmer e inglésCaylee So, Sok VisalNon nomeado
CanadáAntigone[38]FrancésSophie DeraspeNon nomeado
CasaquistánQazaq Handiǵy – Altyn Taq[39]Casaco e rusoRustem AbdrashevNon nomeado
República ChecaNabarvené ptáče[40]IntereslavoVáclav Marhoul
Lista curta de decembro[13]
ChileAraña[41]CastelánAndrés WoodNon nomeado
ChinaNe Zha[42]MandarínJiaoziNon nomeado
ColombiaMonos[43]CastelánAlejandro LandesNon nomeado
Corea do SurGisaengchung[44]CoreanoBong Joon-hoPremio da Academia[16]
Costa RicaEl despertar de las hormigas[45]CastelánAntonella SudasassiNon nomeado
CroaciaMali[46]CroataAntonio NuićNon nomeado
CubaUn traductor[47]Castelán e rusoRodrigo Barriuso, Sebastián BarriusoNon nomeado
DinamarcaDronningen[48]Dinamarqués e suecoMay el-ToukhyNon nomeado
República DominicanaEl proyeccionista[49]CastelánJosé María CabralNon nomeado
EcuadorLa mala noche[50]CastelánGabriela CalvacheNon nomeado
EslovaquiaNech je svetlo[51]EslovacoMarko ŠkopNon nomeado
EsloveniaZgodovina ljubezni[52]EslovenoSonja ProsencNon nomeado
EspañaDolor y gloria[53]CastelánPedro Almodóvar
Nomeado
EstoniaTõde ja õigus[54]EstonianoTanel Toom
Lista curta de decembro[13]
EtiopíaYenifasu Filmya[55]AmháricoJan Philipp WeylNon nomeado
ExiptoPoisonous Roses[56]ÁrabeFawzi SalehNon nomeado
FilipinasVerdict[57]Tagalo, filipino e inglésRaymund Ribay GutierrezNon nomeado
FinlandiaHölmö nuori sydän[58]Finés e somalíSelma VilhunenNon nomeado
FranciaOs miserábeis[59]FrancésLadj Ly
Nomeado[60]
GhanaAzali[61]Dagbani e akanKwabena GyansahNon nomeado
GreciaÓtan o Vánkner Synántise tis Ntomátes[62]GregoMarianna EconomouNon nomeado
HondurasCafé con sabor a mi tierra[35]CastelánCarlos MembreñoNon nomeado
Hong KongSǎo Dú Èr Tiān Dì Duì Jué[63]CantonésHerman YauNon nomeado
HungríaAkik maradtak[64]HúngaroBarnabás Tóth
Lista curta de decembro[13]
IndiaGully Boy[65]HindiZoya AkhtarNon nomeado
IndonesiaKucumbu Tubuh Indahku[66]XavanésGarin NugrohoNon nomeado
IránFinding Farideh[67]Persa, neerlandés e inglésKourosh Ataee, Azadeh MoussaviNon nomeado
IrlandaGaza[68]ÁrabeGarry Keane, Andrew McConnellNon nomeado
IslandiaHvítur, Hvítur Dagur[69]IslandésHlynur PálmasonNon nomeado
IsraelYamim Noraim[70]HebreoYaron ZilbermanNon nomeado
ItaliaIl traditore[71]ItalianoMarco BellocchioNon nomeado
KenyaSubira[72]Suahili e inglésRavneet Sippy ChadhaNon nomeado
KirguizistánAurora[73]Kirguiz e rusoBekzat PirmatovNon nomeado
KosovoZana[74]AlbanésAntoneta KastratiNon nomeado
LetoniaTēvs Nakts[75]Letón, ruso, alemán e yiddishDāvis Sīmanis Jr.Non nomeado
Líbano1982[76]Árabe e inglésOualid MouanessNon nomeado
LituaniaLaiko tiltai[77]Estoniano, letón e lituanoKristine Briede, Audrius StonysNon nomeado
LuxemburgoTel Aviv Al Ha'Esh[78]Hebreo e árabeSameh ZoabiNon nomeado
Macedonia do NorteMedena zemja[79]Turco, macedonio e bosníacoTamara Kotevska, Ljubomir Stefanov
Nomeado[60]
MalaisiaM for Malaysia[80]Malaio e inglésDian Lee, Ineza RoussilleNon nomeado
MarrocosAdam[81]ÁrabeMaryam TouzaniNon nomeado
MéxicoLa camarista[82]CastelánLila AvilésNon nomeado
MongoliaThe Steed[35]Mongol, casaco, chinés e rusoErdenebileg GanboldNon nomeado
MontenegroIzmeđu dana i noći[83]MontenegrinoAndro MartinovicNon nomeado
NepalBulbul[84]NepalésBinod PaudelNon nomeado
NixeriaLionheart[85]Inglés e iboGenevieve NnajiDescualificado[19]
NoruegaUt og stjæle hester[86]Noruegués e suecoHans Petter MolandNon nomeado
Países BaixosInstinct[87]NeerlandésHalina ReijnNon nomeado
PalestinaIt Must Be Heaven[88]Árabe, inglés e francésElia SuleimanNon nomeado
PanamáTodos cambiamos[89]CastelánArturo MontenegroNon nomeado
PaquistánLaal Kabootar[90]UrdúKamal KhanNon nomeado
PerúRetablo[91]QuechuaAlvaro Delgado-AparicioNon nomeado
PoloniaBoże Ciało[92]PolacoJan Komasa
Nomeado[60]
PortugalA Herdade[93]PortuguésTiago GuedesNon nomeado
Reino UnidoThe Boy Who Harnessed the Wind[35]Chichewa e inglésChiwetel EjioforNon nomeado
RomaníaLa Gomera[94]Romanés, inglés e silbo gomeroCorneliu PorumboiuNon nomeado
RusiaDylda[95]RusoKantemir Balagov
Lista curta de decembro[13]
SenegalAtlantique[96]Wolof, francés e inglésMati Diop
Lista curta de decembro[13]
SerbiaKralj Petar Prvi[97]SerbioPetar RistovskiNon nomeado
SingapurHuan tu[98]Mandarín, inglés e bengalíYeo Siew HuaNon nomeado
SueciaDa chven vitsek'vet[99]XeorxianoLevan AkinNon nomeado
SuízaWolkenbruchs wunderliche Reise in die Arme einer Schickse[100]Alemán, yiddish e hebreoMichael SteinerNon nomeado
SuráfricaKnuckle City[101]XosaJahmil X.T. QubekaNon nomeado
TailandiaSaeng Krasue[102]TailandésSitisiri MongkolsiriNon nomeado
TaiwánDear Ex[103]MandarínMag Hsu, Hsu Chih-yenNon nomeado
TunisiaWeldi[104]ÁrabeMohamed Ben AttiaNon nomeado
TurquíaBağlılık Aslı[105]TurcoSemih KaplanoğluNon nomeado
UcraínaEvge[106]Tártaro de Crimea e ucraínoNariman AlievNon nomeado
UruguaiAsí habló el cambista[107]CastelánFederico VeirojNon nomeado
UzbekistánIssiq non[108]UzbekoUmid KhamdamovNon nomeado
VenezuelaYo, imposible[109]CastelánPatricia OrtegaNon nomeado
VietnamHai Phượng[110]VietnamitaLê Văn KiệtNon nomeado
XapónO tempo contigo[111]XaponésMakoto ShinkaiNon nomeado
XeorxiaShindisi[112]XeorxianoDito TsintsadzeNon nomeado

Cambios

  • O filme de Afganistán, Hava, Maryam, Ayesha, non apareceu na listaxe oficial porque apareceron dúbidas sobre a lexitimidade do comité nacional que a seleccionou.[19]
  • O filme enviado por Austria, Joy, foi descualificado en novembro de 2019 xa que a Academia afirmou que o filme tiña demasiado diálogo en inglés.[113] Os cineastas discutiron a descualificación argumentando que se as partes en pidgin nixeriano, inintelixible para falantes de inglés, se contasen por separado, o inglés constituiría menos do 50% de todo o diálogo.[114] Porén, a Academia mantivo a súa decisión inicial.[115]
  • Lionheart, de Nixeria, primeiro filme enviado polo país, foi descualificado en novembro de 2019. Só 11 dos 95 minutos do filme teñen diálogos que non son en inglés, o que viola as regras da Academia.[116]
  • Informouse de que Uganda seleccionara Kony: Order from Above,[117][118] mais o comité de selección ugandés dixo que o filme non tiña os requisitos mínimos para a súa selección e non foi enviado.[119]

Notas