Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

O Brasil presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1960. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Walter Salles, director de Central do Brasil, filme candidato ao mellor filme en lingua non inglesa e á mellor actriz.

Até o ano 2023, 53 filmes brasileiros foron presentados ó premio. Catro destes filmes resultaron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles gañou o premio. Orfeo negro, un filme en lingua portuguesa rodado no Brasil polo director francés Marcel Camus, gañou o premio na 32ª edición, mais foi presentado polo goberno francés.

Propostas

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Brasil para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
TítuloDirector(es)Resultado
1960
(33ª)
A Morte Comanda o CangaçoCarlos Coimbra e Walter Guimarães MottaNon nomeado
1962
(35ª)
O Pagador de PromessasAnselmo Duarte
Nomeado[6]
1964
(37ª)
Deus e o Diabo na Terra do SolGlauber RochaNon nomeado
1965
(38ª)
São Paulo, Sociedade AnônimaLuis Sérgio PersonNon nomeado
1967
(40ª)
O Caso dos Irmãos NavesLuis Sérgio PersonNon nomeado
1968
(41ª)
As AmorosasWalter Hugo KhouriNon nomeado
1969
(42ª)
O Dragão da Maldade Contra o Santo GuerreiroGlauber RochaNon nomeado
1970
(43ª)
Pecado MortalMiguel Faria Jr.Non nomeado
1971
(44ª)
Pra Quem Fica, TchauReginaldo FariaNon nomeado
1972
(45ª)
Como Era Gostoso o Meu FrancêsNelson Pereira dos SantosNon nomeado
1973
(46ª)
A Faca e o RioGeorge SluizerNon nomeado
1974
(47ª)
A Noite do EspantalhoSérgio RicardoNon nomeado
1975
(48ª)
O Amuleto de OgumNelson Pereira dos SantosNon nomeado
1976
(49ª)
Xica da SilvaCarlos DieguesNon nomeado
1977
(50ª)
Tenda dos MilagresNelson Pereira dos SantosNon nomeado
1978
(51ª)
A Lira do DelírioWalter Lima Jr.Non nomeado
1979
(52ª)
Bye Bye BrasilCarlos DieguesNon nomeado
1980
(53ª)
Pixote, a Lei do Mais FracoHéctor BabencoDescualificado[7]
1984
(57ª)
Memórias do CárcereNelson Pereira dos SantosNon nomeado
1986
(59ª)
A Hora da EstrelaSuzana AmaralNon nomeado
1987
(60ª)
Um Trem para as EstrelasCarlos DieguesNon nomeado
1988
(61ª)
Romance da EmpregadaBruno BarretoNon nomeado
1989
(62ª)
Dias Melhores VirãoCarlos DieguesNon nomeado
1991
(64ª)
A Grande Arte[8]Walter SallesNon nomeado
1995
(68ª)
O QuatrilhoFábio Barreto
Nomeado[9]
1996
(69ª)
Tieta do AgresteCarlos DieguesNon nomeado
1997
(70ª)
O Que É Isso, Companheiro?Bruno Barreto
Nomeado[10]
1998
(71ª)
Central do BrasilWalter Salles
Nomeado[11]
1999
(72ª)
OrfeuCarlos DieguesNon nomeado
2000
(73ª)
Eu, Tu, ElesAndrucha WaddingtonNon nomeado
2001
(74ª)
Abril DespedaçadoWalter SallesNon nomeado
2002
(75ª)
Cidade de DeusFernando MeirellesNon nomeado
2003
(76ª)
CarandiruHéctor BabencoNon nomeado
2004
(77ª)
OlgaJayme MonjardimNon nomeado
2005
(78ª)
2 Filhos de FranciscoBreno SilveiraNon nomeado
2006
(79ª)
Cinema, Aspirinas e UrubusMarcelo GomesNon nomeado
2007
(80ª)
O Ano em Que Meus Pais Saíram de FériasCao Hamburger
Lista curta de xaneiro[12]
2008
(81ª)
Última Parada 174Bruno BarretoNon nomeado
2009
(82ª)
Salve GeralSérgio RezendeNon nomeado
2010
(83ª)
Lula, o Filho do Brasil[13]Fábio BarretoNon nomeado
2011
(84ª)
Tropa de Elite 2: o Inimigo Agora É Outro[14]José PadilhaNon nomeado
2012
(85ª)
O Palhaço[15]Selton MelloNon nomeado
2013
(86ª)
O Som ao Redor[16]Kleber Mendonça FilhoNon nomeado
2014
(87ª)
Hoje Eu Quero Voltar Sozinho[17]Daniel RibeiroNon nomeado
2015
(88ª)
Que Horas Ela Volta?[18]Anna MuylaertNon nomeado
2016
(89ª)
Pequeno Segredo[19][20]David SchurmannNon nomeado
2017
(90ª)
Bingo: O Rei das Manhãs[21]Daniel RezendeNon nomeado
2018
(91ª)
O Grande Circo Místico[22]Carlos DieguesNon nomeado
2019
(92ª)
A Vida Invisível[23]Karim AïnouzNon nomeado
2020
(93ª)
Babenco - Alguém Tem que Ouvir o Coração e Dizer: Parou[24]Bárbara PazNon nomeado
2021
(94ª)
Deserto Particular[25]Aly MuritibaNon nomeado
2022
(95ª)
Marte Um[26]Gabriel MartinsNon nomeado
2023
(96ª)
Retratos Fantasmas[27]Kleber Mendonça FilhoNon nomeado

Notas