Filmes de Kosovo propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Kosovo presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2014.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]
Até o ano 2022, nove filmes kosovares foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kosovo para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) | Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2014 (87ª) | Tri Dritare dhe një Varje[3] | Albanés | Isa Qosja | Non nomeado |
2015 (88ª) | Babai[7] | Albanés | Visar Morina | Non nomeado |
2016 (89ª) | Home Sweet Home[8] | Albanés | Faton Bajraktari | Non nomeado |
2017 (90ª) | T'padashtun[9] | Albanés e neerlandés | Edon Rizvanolli | Non nomeado |
2018 (91ª) | Martesa[10] | Albanés | Blerta Zeqiri | Non nomeado |
2019 (92ª) | Zana[11] | Albanés | Antoneta Kastrati | Non nomeado |
2020 (93ª) | Exil[12] | Albanés e alemán | Visar Morina | Non nomeado |
2021 (94ª) | Zgjoi[13] | Albanés | Blerta Basholli | Lista curta de decembro[14] |
2022 (95ª) | Në kërkim të Venerës | Albanés | Norika Sefa | Non nomeado |
2014–2022 |
|
---|