Fenrir (lúa)

Fenrir ou Saturno XLI, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005, a partir de observacións feitas entre o 13 de xaneiro e o 5 de marzo do 2005 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 16. Este satélite foi descuberto usando algúns dos telescopios terrestres máis potentes do planeta.[1]

Fenrir
Descubrimento[1]
Descuberta porScott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna.
Localización do descubrimentoSubaru, Gemini, Keck
Descuberta no2004
Designacións alternativasSaturno XLI ou S/2004 S 16[1][2]
Características orbitais[3]
Eixo semi-maior22 454 000 km
Excentricidade0,1363
Período orbital1260,35 d
(3,45 a)
Anomalía media146,614°
Inclinación164,955°
Lonxitude do nodo ascendente330,95°
Argumento da periapse120,264°
Satelite deSaturno
Características físicas
Dimensións~4 km[4]
Albedo0,04 [1] asumido
Magnitude aparente25,0[4]

Fenrir ten unha magnitude aparente de 25,[4] facendo dela unha das lúas menos brillantes do Sistema Solar. É o redor de 1.000 millóns (10−9) de veces menos brillantes ca Saturno. Fenrir ten uns 4 kms de diámetro[4] e orbita Saturno a unha distancia media de 22,454 millóns de kms en 1260 días, cunha inclinación orbital de 163° respecto da eclíptica (143° respecto do ecuador de Saturno) e cunha excentricidade de 0,136. A lúa posúe un movemento retrógrado (orbita Saturno na dirección oposta á dirección de rotación do planeta) suxerindo que esta lúa irregular foi capturada por Saturno.[5]

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007[2] a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Fenrisulfr era un lobo xigante, pai de Hati e Skoll, fillo de Loki, Destinado a rompe-las súas cadeas co Ragnarok.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas