Federación Mundial de Curling

A Federación Mundial de Curling (en inglés World Curling Federation, WCF) é o organismo internacional dedicado a regular as regras do curling a nivel competitivo e regularmente realizar competicións e outros eventos.

Historia

A FMC foi fundada o día 1 de abril de 1966 en Perth (Escocia) por 7 países (Escocia, Canadá, os Estados Unidos, Suecia, Noruega, Suíza e Francia) co nome de International Curling Federation. En 1991 o nome foi cambiado ao actual.

En 1968 foi celebrado o primeiro Campionato Mundial de Curling, limitado á participación masculina (o primeiro Campionato Mundial de Mulleres realizouse en 1979).

En 1992 o Comité Olímpico Internacional decidiu aceptar o curling como parte da programación oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno, facendo este deporte a súa aparición oficial nos xogos de 1998. Antigamente tiña figurado dúas veces como deporte demostración, nos xogos de 1988 e de 1992.

Organización

A estrutura xerárquica da federación está conformada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Director Xeral, o Congreso (efectuado cada dous anos), o Comité Executivo, o Consello e oito Comités Técnicos - un para cada disciplina.

Presidentes

Kate Caithness, 2020
Núm.PeríodoNomePaís
119661969Allan Cameron Escocia
219691979Colin A. Campbell Canadá
319791982Sven A. Eklund Suecia
419821985Clifton Thompson Canadá
519851988Philip Dawson Escocia
619881990Donald F. Barcome Estados Unidos
719902000Günther Hummelt Austria
820002006Roy Sinclair Escocia
920062010Lester Harrison Canadá
102010Kate Caithness Escocia

Federacións nacionais

Membros da FMC e as súas divisións rexionais (América, Europa e Pacífico).

Deseguido amósase unha lista das asociacións membros da FMC:[1]

AnoNomePaísPresidenteZona
1991Asociación de Curling de Andorra AndorraJosep DuróEuropa
2010Federación de Curling de Armenia* ArmeniaHayk JaghatspanyanEuropa
1986Federation Australiana de Curling AustraliaHugh MillikinPacífico
1982Asociación Austríaca de Curling AustriaMarcus SchmittEuropa
1997Asociación Bielorrusa de Curling BelarúsDmitry KirillovEuropa
2005Asociación Belga de Curling BélxicaPeter SuterEuropa
1998Confederación Brasileira de Deportes sobre Xeo BrasilEmilia de Souza StrapassonAmérica
1990Asociación Búlgara de Curling BulgariaNikolay RuntovEuropa
1966Asociación Canadense de Curling CanadáHugh AveryAmérica
2002Asociación Chinesa de Curling ChinaNi HuizhongPacífico
2004Asociación Croata de Curling CroaciaAlberto SkendrovićEuropa
1990Asociación Checa de Curling República ChecaDavid ŠikEuropa
1971Asociación Danesa de Curling DinamarcaSusanne SlotsagerEuropa
1971Asociación Inglesa de Curling InglaterraTommy CampbellEuropa
2003Asociación Estoniana de Curling EstoniaFred RandverEuropa
1979Asociación Finlandesa de Curling FinlandiaOlli RissanenEuropa
1966Asociación Francesa de Curling FranciaDidier GailhaugetEuropa
2013Federación Xeorxiana de Curling XeorxiaNugzar PaikidzeEuropa
1967Asociación Alemá de Curling AlemañaDieter KolbEuropa
2003Asociación Helénica de Curling GreciaAndreas PapadimitrouEuropa
1989Federación Húngara de Curling HungríaAndrás RókusfalvyEuropa
1991Federación Deportiva Islandesa IslandiaLíney Rut HalldórsdóttirEuropa
2003Asociación Irlandesa de Curling Irlanda (Sur e Norte)Peter J. D. WilsonEuropa
2013Asociación Israelí de Curling IsraelAlex TripolskiEuropa
1972Asociación Italiana de Curling ItaliaGiancarlo BologniniEuropa
1985Asociación de Curling do Xapón XapónToyokazu OgawaPacífico
2003Asociación de Curling de Casaquistán CasaquistánViktor G. KimPacífico
2012Federación de Curling de Kosovo KosovoBesim HasaniEuropa
2001Asociación Letoa de Curling LetoniaUldis MucinieksEuropa
1991Asociación de Curling de Liechtenstein LiechtensteinHeinz HaslerEuropa
2003Asociación Lituana de Curling LituaniaVytautas Vidmantas ZimnickasEuropa
1976Federación de Curling de Luxemburgo LuxemburgoAlex BenoyEuropa
2012Federación Mongol de Curling MongoliaNatsagdorj NerguiPacífico
1975Asociación de Curling dos Países Baixos Países BaixosMaurits van der SluisEuropa
1991Asociación de Curling de Nova Zelandia Nova ZelandiaBruce KisselPacífico
1966Asociación Noreguesa de Curling NoruegaMorten SøgårdEuropa
2003Asociación Polaca de Curling PoloniaMarek JóźwikEuropa
2010Federación Romanesa de Curling RomaníaAllen ColibanEuropa
1992Federación Rusa de Curling RusiaDimitry SvischevEuropa
1966Real Club de Curling de Caledonia EscociaAlan DurnoEuropa
2005Asociación Nacional de Curling de Serbia SerbiaMarko StojanovićEuropa
2003Asociación Eslovaca de Curling EslovaquiaJuraj KapolkaEuropa
2010Asociación Eslovena de Curling EsloveniaDavid StoničEuropa
1999Federación Española de Deportes sobre Xeo EspañaMaria Teresa SamaranchEuropa
1994Asociación Coreana de Curling Corea do SurKim Jae-wonPacífico
1966Asociación Sueca de Curling SueciaBjörn RudströmEuropa
1966Asociación Suíza de Curling SuízaLouis MoserEuropa
2009Asociación Turca de Curling TurquíaFahrettin KandemirEuropa
1998Federación de Curling da China Taipei China TaipeiRich K. H. LeePacífico
2013Federación Ucraína de Curling UcraínaDmitry RotarEuropa
1966Asociación de Curling dos Estados Unidos Estados UnidosJames PleasantsAmérica
1991Asociación de Curling das Illas Virxes Americanas Illas Virxes EstadounidensesJohn FosterAmérica
1982Asociación Galesa de Curling GalesAdrian MeikleEuropa

*A Federación de Curling de Armenia foi suspendida por non pagar a cotas pertinentes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas