A Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) constituíuse o 17 de abril de 1966 cando, a iniciativa de Carlos Pérez-Fonterosa Antón e Alfredo Navarro Payá, se reuniron en Tui dez sociedades filatélicas de Galicia e unha do Bierzo e decidiron en constituírse en federación adscrita á Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI). O seu primeiro presidente foi Alfredo Navarro Payá e actualmente éo Valentín Suárez Alonso.