Faustino Barros Álvarez

empresario e político galego

Faustino Barros Álvarez, nado en Moraña e finado na Habana o 21 de decembro de 1929, foi un político galego.

Infotaula de personaFaustino Barros Álvarez
Biografía
NacementoMoraña, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de decembro de 1929 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Moraña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Emigrou a Cuba con 26 anos, e alí fixo fortuna. Retornou a Moraña, instalándose en Soar. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Moraña o 5 de febreiro de 1924.[1][2][3] Foi nomeado deputado provincial en setembro de 1924.[4] Viaxou a Cuba en outubro de 1927 para liquidar un negocio.[5] Volveu viaxar a Cuba en 1929 e morreu na Habana o 21 de decembro.[6]


Predecesor:
Cesáreo Durán Álvarez
 
Alcalde de Moraña
 
1923 - 1929
Sucesor:
Cesáreo Durán Álvarez

Vida persoal

Casou en Soar con Dolores Rodríguez Sayáns o 8 de outubro de 1921.[7]

Notas