Fórmula E

A Fórmula E, oficialmente denominada Campionato de Fórmula E da FIA, é unha competición automobilística internacional organizada pola Federación Internacional do Automóbil na que se empregan monoprazas open wheel potenciados por enerxía eléctrica. Esta competición foi creada con intención de servir de laboratorio de investigación e desenvolvemento de vehículos ecolóxicos para promover e acelerar a súa popularidade. Por esta razón, o campionato serve como escaparate de innovacións nun marco que combina a tecnoloxía co deporte. A Fórmula E fundouse en 2012, pero a tempada inaugural non comezou ata setembro de 2014. Esa tempada finalizou en xuño de 2015. Todos os coches son fabricados da mesma maneira: McLaren subministra os motores, as transmisións e os sistemas eléctricos; Dallara constrúe os chasis; Williams fai as baterías; e Michelin proporciona os pneumáticos. Cada piloto ten á súa disposición dous monoprazas iguais.

Modelo:Competición deportivaFórmula E
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(2016)
Nome oficialABB FIA Formula E Championship (2018–)
ABB FIA Formel E Meisterschaft (2018–)
ABB Championnat FIA de Formule E (2018–) Editar o valor em Wikidata
Tiposerie de competición de automobilismo Editar o valor em Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2014 – Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialfiaformulae.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: tt7452110 Facebook: fiaformulae Twitter: FIAformulaE Instagram: fiaformulae Youtube: UC-DuRqsBQOEk_5o1q4Ze-Fg Editar o valor em Wikidata

Regulamento

O Regulamento da Fórmula E foi elaborado pola Federación Internacional do Automóbil e en moitos aspectos é semellante ao regulamento da Fórmula 1.

Os ePrix

Os ePrix dispútanse en varias cidades arredor de todo o mundo. As pistas son circuítos de carreiras urbanos que deben de ter unha lonxitude que vaia dende os 2,5 ata os 3 quilómetros.

En principio, todos os ePrix se deben celebrar nun só día, co seguinte programa en horario local:

  • 09:30-11:30: Sesión de adestramentos libres.
  • 12:00-14:00: Sesión de clasificación. Cada piloto debe realizar dúas voltas lanzadas, unha con cada monopraza. A orde da saída determínase sumando os tempos das dúas voltas.
  • 16:00-18:00: Carreira cunha parada en boxes obrigatoria. A parada en boxes implica un cambio de coche. Cando a batería dun monopraza se esgota, o piloto debe acudir aos boxes para montar noutro coche recargado.

Monopraza

Artigo principal: Spark-Renault SRT 01E.

Na tempada inaugural todos os equipos competiron co mesmo coche, o Spark-Renault SRT 01E. O chasis deseñouno a empresa italiana Dallara, o motor eléctrico desenvolveuno McLaren (o motor é o mesmo que o do McLaren P1), o sistema eléctrico creouno Williams e a caixa de cambios de cinco velocidades fabricouna Hewland. Os monoprazas teñen unha aceleración de 0 a 100 km/h en 3 segundos e unha velocidade máxima de 220 km/h.

Michelin é o único provedor oficial de pneumáticos do campionato.

Para a tempada 2015-2016, oito escudarías diferentes fabrican o seu propio sistema de propulsión: Venturi, Andretti Autosport, Virgin Racing, ABT Sportsline, Mahindra, Renault Sport, Motomatica e NEXTEV TCR.

Sistema de puntuación

O sistema de puntuación é case igual ao da Fórmula 1. A única diferenza é que neste campionato tamén se premia con puntos adicionais aos pilotos que conseguen a pole position e a volta rápida, con 3 e 2 puntos máis respectivamente.

Posición                   10º PoleVR
Puntos25181512108642132

Seguridade

As bandeiras na Fórmula E son iguais a moitas outras categorías da FIA como a Fórmula 1, as GP2 Series ou a Fórmula 3. As dimensións mínimas de cada bandeira son de 60 x 80 cm, excepto a bandeira vermella e a bandeira a cadros, que teñen que ter unha superficie mínima de 80 centímetros x 1 metro.

BandeiraDenominaciónForma de presentaciónSignificado[1]
Bandeira a cadrosAxitadaFinal de carreira o, de ser o caso, de cada unha das sesións da competición.
Bandeira vermellaAxitadaDetención dos adestramentos ou da carreira, sexa por un accidente ou por causas meteorolóxicas. Todos os pilotos deben reducir inmediatamente a súa velocidade, deterse se cómpre e volver aos boxes ou ao lugar previsto polo regulamento da proba. Está prohibido adiantar e todos os semáforos se porán en vermello. Esta bandeira amósase só por orde do director de carreira.
Bandeira amarelaAxitadaPerigo, non se permite o adiantamento e débese reducir a velocidade. Pode ser amosada aos pilotos de dous xeitos diferentes:
  • Unha bandeira amarela: reducir a velocidade e estar preparados para variar a trazada por mor da presenza dun perigo nunha beira da pista ou nunha parte dela.
  • Dúas bandeiras amarelas: reducir a velocidade, non adiantar e prepararse para variar a trazada ou incluso para deterse por mor da presenza dun perigo que obstrúe a pista total ou parcialmente.

Amósase normalmente no punto de sinalización inmediatamente anterior ao perigo, aínda que nalgunhas ocasións se pode amosar en máis dun. A presenza desta bandeira antes da saída pola imposibilidade dalgún condutor de comezar obriga á cancelación da saída. Tras a cancelación, acostúmase realizar outra volta de quecemento.

Bandeira amarela e rótulo «SC»Axitada a amarelaO coche de seguridade (safety car en inglés) está intervindo na pista, polo que hai que reducir a velocidade, non adiantar e incluso estar preparados para deterse e variar a trazada, xa que un perigo obstrúe de xeito total ou parcial a pista.
Bandeira amarela con franxas vermellasEstáticaPista esvaradía nunha zona, por auga ou por aceite. Os condutores deberán reducir a velocidade nese punto.
Bandeira verdeAxitadaO perigo pasou e pódese volver a adiantar. Cando o director de carreira o requira, pódese amosar tamén durante a volta de quecemento ou ao comezo dunha sesión de adestramentos de xeito simultáneo en todos os postos de sinalización.
Bandeira azulAxitadaTen varios significados segundo cando se utilice:
  • Sempre (en adestramentos e carreiras): amósase estática ao final do pit lane para indicar ao piloto que sae do pit lane que hai coches que se aproximan pola pista. O semáforo do pit lane tamén amosa un sinal parpadeante luminoso azul.
  • Nos adestramentos: o piloto debe ceder o paso a un coche máis rápido ao cal se precede.
  • Na carreira: o piloto vai ser dobrado por outro piloto que realizou polo menos unha volta máis. O piloto que será dobrado debe permitir o adiantamento tan axiña como sexa posible.
Bandeira divididaEstática co dorsalO piloto realizou unha manobra antideportiva. Preséntase unha soa vez.
Bandeira negraEstática xunto ao dorsalO piloto debe deterse no seu box ou no lugar designado previamente no briefing a vindeira vez que se pase pola entrada de pit lane.
Bandeira brancaAxitadaExiste un vehículo moito máis lento na pista, ben de emerxencias ou ben de carreiras.
Bandeira negra con círculoEstática xunto ao dorsalIndica ao piloto que o seu vehículo ten problemas mecánicos que poden constituír un perigo para os demais pilotos e para el, polo que se deberá deter no seu box o antes posible. Actualmente non é moi utilizada, xa que se acostuma avisar o piloto nestas situacións mediante radio.

A luz traseira

Os monoprazas teñen unha luz composta duns 10 leds que escintilan aproximadamente a uns 5 Hz de frecuencia e que xeralmente se iluminan de cor vermella, en tres casos: ao activar o limitador de velocidade para entrar nos boxes; cando o condutor cambia o coche á configuración de chuvia ou entra o sistema de baixo consumo; e indicando aos demais pilotos que o vehículo é moito máis lento ca eles. Isto vémolo sobre todo nas voltas finais da carreira, cando ao reducir a velocidade se activa automaticamente. De xeito diferente a outros vehículos, como os turismos, non se activa ao accionar o pedal do freo. Existe un caso especial: cando un piloto é novato, os leds encéndense en verde durante os test para indicar ao resto dos pilotos que este aínda non ten experiencia.

Igualmente que co coche de seguridade, Mercedes Benz é o encargado de fabricar os leds para todos os coches.

Penalizacións en carreira e clasificación

Os encargados de impoñer as sancións son os xuíces de pista. Normalmente, as penalización lévanse a cabo cando un piloto comete infraccións como: saltarse o semáforo na saída, manobras perigosas, non facer caso ás bandeiras que se mostran, ir demasiado rápido no pit lane, saltarse curvas, adiantar por fóra da pista, etcétera. Dependendo da gravidade da infracción, os castigos poden ser varios.

  • Stop-and-go ("pare e siga"): o piloto deberá entrar en boxes e fara unha parada obrigatoria de 10 segundos, nos cales o equipo non poderá realizar ningún arranxo ou axuste no vehículo. Transcorridos eses dez segundos, poderá regresar á carreira.
  • Drive-through ("pase e siga"): consiste en obrigar a un piloto a pasar pola rúa dos boxes sen deterse.
  • Penalización con dez postos: nesta penalización o piloto deberá de retroceder 10 posicións na seguinte carreira. Na clasificación, esta penalización habitualmente sucede polo cambio dun motor que non terminou o ciclo de dous grandes premios seguidos, perdendo 10 postos na grella de saída.
  • Penalización con cinco postos: esta penalización faise por cambio da caixa de cambios sen acabar o ciclo.
  • Penalización con perda de mellores tempos: exclusiva da cualificación. Dependendo da gravidade, o piloto poderá perder os seus tres mellores tempos ou ata todos os seus tempos, retrocedendo na grella de saída. Xeralmente aplícase cando un piloto obstrúe intencionadamente a outro cando este se dispón a realizar a súa volta rápida.
  • Penalización con suma de tempos: realízase en carreira ou en cualificación. Descoñecida en cualificación ata o Gran Premio de Hungría de 2006, cando aplicóuselle a dous pilotos. Consiste en sumar un ou varios segundos ao mellor tempo obtido en cualificación (neste caso, por omitir as bandeiras). En carreira, engádenselle os segundos ao tempo final que obteña na súa última volta, coa posible perda de posicións.
  • Exclusión da carreira: mediante a bandeira negra expúlsase ao piloto. É a penalización máis severa, pois imposibilita a un piloto a poder puntuar no Gran Premio. Xeralmente úsase cando xa é unha penalización reincidente ou se provocou unha situación de extremo perigo.

Nos casos drive-through e no stop-and-go, o piloto deberá realizar a entrada en boxes durante as seguintes tres voltas tras a sinalización do castigo, se non o fai podería recibir a exclusión da carreira(bandeira negra). Cando se aplica unha destas dúas penalizacións a falta de só cinco voltas para o final, non se aplicarán e simplemente engadiráselle ao piloto 25 segundos na súa última volta.

Noutros casos aplícanse as sancións económicas, por infraccións como superar a velocidade máxima permitida na liña de boxes nalgún adestramento, ou que a un piloto non se lle poida aplicar a penalización de 10 posicións porque non participe no seguinte Gran Premio. Tamén nalgunhas infraccións recórrese a unha sanción económica ou á chamada reprimenda verbal.

Campións

Campionato de pilotos

TempadaCampiónEquipoCoche
2014-15 Nelson Piquet Jr. NEXTEV Team China RacingSpark-Renault SRT 01E

Campionato de equipos

TempadaEquipoCoche
2014-15 e.dams-RenaultSpark-Renault SRT 01E

Vitorias por piloto

NPilotoePrix
3 Sébastien Buemi2014/15 - PDL, MCO, LON1
2
Sam Bird2014/15 - PUT, LON2
Nelson Piquet Jr.2014/15 - LBH, MOS
1
Lucas di Grassi2014/15 - PEQ
António Félix da Costa2014/15 - BAI
Nicolas Prost2014/15 - MIA
Jérôme d'Ambrosio2014/15 - BER

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas