Explorer 35

Satélite artificial científico dos Estados Unidos.

Explorer 35, tamén coñecido como IMP-E (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform E) e como AIMP-2 (Anchored Interplanetary Monitoring Platform 2), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 19 de xullo de 1967 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Explorer 35 / IMP-E / AIMP-E / AIMP-2
Preparativos previos ó lanzamento de IMP-E.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento19 de xullo de 1967, 14:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta E[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do medio interplanetario.[2][6]
NSSDC ID1967-070A
Masa230,0 kg[5]

Características

A misión de Explorer 35 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas, os campos magnéticos e os raios X solares a distancias lunares.[2][5][6]

A nave estabilizábazase mediante xiro a 25,6 r.p.m. e co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. Tras seis anos de funcionamento a nave foi apagada o 24 de xuño de 1973.[1][3][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos