Eva León

violinista española

Eva León é unha violinista española nada nas Palmas e radicada en Nova York.[1]

Infotaula de personaEva León

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
As Palmas de Gran Canaria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata

Páxina webevaleon.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: a27ed04a-0765-4659-a92e-b833582b95f9 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Eva León naceu e criouse nas Palmas de Gran Canaria, Illas Canarias, España.[2] Asistiu ó seu primeiro concerto con tres anos e comezou a tocar o violín con oito.[3][4]

Ós trece anos mudouse soa a Barcelona[5] para continuar cos seus estudos de violín baixo a tutela de Xavier Turull. Tamén estudou cos mestres Ruggiero Ricci (Salzburgo), José Luís García Asensio (Londres), e Oleg Krysa (EEUU).[6] Foi bolseira para ampliar os seus estudos pola Fundación Güell, Fundación Musical La Caixa e a Asociación Sofía Puche. No ano 2000 instalouse na cidade de Nova York para proseguir a súa educación con Neil Weintrob e obter un mestrado en Interpretación Musical na Manhattan School of Music (Escola de Música de Manhattan).[7]

Discografía

O seu primeiro CD, con obras de Grieg, Sarasate, Turull e Toldra, foi gravado en 1996 baixo o selo Moraleda Records.[8] En 2009 editou o primeiro CD para a discográfica Naxos con música de Joaquín Turina, o que a converteu na primeira violinista española en gravar repertorio de violín para este selo.

En 2011, León colaborou no CD de Klassic Cat Records coa obra de Consuelo Colomer.[9]

Notas