Eutrofización
En ecoloxía, chámase eutrofización ao incremento dos nutrientes químicos (especialmente fósforo e nitróxeno) nun ecosistema, normalmente unha masa de auga, como un río, lago ou baía máis ou menos fechada. A eutrofización pode ser natural ou artificial neste último caso causada polos efluíntes agrícolas, urbanos ou industriais.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Potomac_river_eutro.jpg/220px-Potomac_river_eutro.jpg)
Estas substancias son os principais nutrientes do fitoplancto (as "alga" microscópicas que viven na auga), que se reproduce en grandes cantidades, tornando a auga verdosa ou acastañada. Canto estas algas comezan a morrer, e con elas o zooplancto que delas se alimenta, a súa descomposición pode tornar a masa de auga pobre en osíxeno, provocando a morte de peixes e outros animais e a formación de gases tóxicos ou de cheiro desagradábel.
Cando isto acontece, a eliminación das causas da contaminación pode levar o ecosistema de novo a unha situación saudábel mais, se for un sistema fechado, as especies que que desapareceran poden non volver aparecer.
A eutrofización é a causante do chamado "verdín" en charcas e encoros, aínda que tamén pode aparecer en lagoas e ríos de pouca corrente, e é debido ás cianobacterias.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Eutrophication_gl.svg/400px-Eutrophication_gl.svg.png)
A eutrofización recoñeceuse como problema ecolóxico nos lagos e encoros europeos e norteamericanos a mediados do século XX. Desde entón tense estendido alí onde aumenta a actividade industrial. Son eutróficos o 54 % dos lagos de Asia, o 53 % de Europa, o 48 % de América do Norte, o 41 % de Suramérica e o 28 % de África.