Eurocopa de Fútbol de 2012

A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro.

Modelo:Competición deportivaEurocopa de Fútbol de 2012
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
TipoEurocopa de Fútbol Editar o valor em Wikidata
MascotaSlavek and Slavko (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónPolonia
Ucraína Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo8 de xuño de 2012 – 1 de xullo de 2012 Editar o valor em Wikidata
Número de edición14  (2012) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoEspaña (3º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos31 Editar o valor em Wikidata
Goles76 Editar o valor em Wikidata
Máis goles marcadosMario MandžukićCroacia (3)
Máis goles marcadosFernando TorresEspaña (3)
Máis goles marcadosMario GómezAlemaña (3)
Máis goles marcadosAlan DzagoevRusia (3)
Máis goles marcadosMario Balotelli (pt) TraducirItalia (3)
Máis goles marcadosCristiano RonaldoPortugal (3)
Xogador máis valiosoAndrés Iniesta Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores1.440.896 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais. Foi a primeira Eurocopa organizada en Europa do Leste dende a edición de 1976 na antiga Iugoslavia, e tamén a primeira da historia que foi albergada por dous países con diferentes fusos horarios. O campionato foi gañado pola selección de fútbol de España, que bateu na final a Italia por catro goles a cero, a maior goleada nunha final desta competición, conseguindo así o seu terceiro título continental.

Antecedentes

Elección da sede

Reloxo amosando o tempo restante para o comezo da competición.

Polonia e Ucraína postularon ser sedes antes do 1 de febreiro de 2005 xunto a outras sete candidaturas: Acerbaixán, Croacia xunto a Hungría, Grecia, Italia, Romanía, Rusia e Turquía. Francia, que avaliara unha candidatura, finalmente non a presentou para evitar problemas coa candidatura de París aos Xogos Olímpicos de 2012. O 22 de xullo dese ano, a UEFA descartou as candidaturas azerí, romanesa e rusa. As candidatas restantes presentaron os seus detalles a través de diversos informes á UEFA, a cal en base a elas tomou a decisión de reducir o proceso a só tres candidaturas. O 8 de novembro de 2005, Grecia e Turquía foron excluídas.

A candidatura de Polonia e Ucraína enfrontaba diversos problemas, xa que ningún dos dous países organizara antes un evento importante de fútbol nin ningún tampouco algún evento deportivo internacional como países aliados. Con todo, o 85,4% dos ucraínos e o 66,8% dos polacos apoiaban a candidatura das súas nacións ao momento da elección.

As cabuxas, símbolos de Poznań, con motivos da Eurocopa.

A falta de infraestrutura[1] necesaria para o desenvolvemento do torneo foi un dos principais problemas que enfrontou a candidatura. Exemplo diso foi que os delegados da UEFA manifestaron publicamente a súa preocupación polo mal estado da estrada entre Gdansk e Lviv, e que catro dos estadios principais aínda se mantiñan como proxectos a comezos de 2007.A isto sumouse unha grave crise no fútbol polaco trala detención de sesenta árbitros por corrupción e a cancelación dun torneo por parte do Ministro de Deportes. A intervención da política en temas deportivos foi fortemente sancionada por parte da FIFA e a Asociación Polaca de Fútbol arriscouse mesmo á suspensión dos seus encontros internacionais.

A pesar diso, Polonia-Ucraína foi elixida o 18 de abril de 2007[2] pola UEFA na reunión realizada na cidade galesa de Cardiff, converténdose na terceira ocasión en que o torneo é organizado por dous países -trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos e a Eurocopa 2008 organizada por Austria e Suíza- e a primeira de cada un dos devanditos países. Descartábase así ás outras dúas candidaturas finalistas, tras unha votación resolta por maioría absoluta. Os gañadores obtiveron oito votos, Italia, que era a gran favorita só obtivo catro votos, e a outra candidatura conxunta formada por Croacia e Hungría non conseguiu ningún apoio.

Atrasos na construción

En xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini[3] fixo un chamamento aos organizadores en relación coa posta a piques dos estadios da Eurocopa. Mesmo se chegou a propor Escocia como organizador da Eurocopa 2012 no caso de que Ucraína e Polonia non cumprisen cos prazos de construción e mellora das súas infraestruturas, o cal foi confirmado máis tarde pola Asociación Escocesa de Fútbol. Con todo, en xuño de 2008 a UEFA asegurou que non había "ningún plan B en termos de novos países" organizadores. En xullo de 2011, a un ano da celebración do torneo, a UEFA organizou unha visita de inspección polas sedes da Eurocopa encabezada polo vicepresidente Gianni Infantino. Tras os avisos anteriores, as autoridades políticas de cada país lograron avanzar na construción e mellora dos estadios. Os máis atrasados, o Estadio Olímpico de Kíiv e o Estadio de Lviv, foron inaugurados en outubro dese mesmo ano (o 8 e o 29 de outubro respectivamente).

Organización

A desconfianza ante a elección de Polonia e Ucraína como sedes da Eurocopa 2012 pareceron ter sustento co lento avance das obras de construción dos estadios que albergarán o evento. A finais de xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini, advertiu aos organizadores dos posibles problemas, e mesmo xurdiron rumores respecto de que Escocia, Alemaña ou Hungría poderían asumir a organización no caso de que Polonia e Ucraína non puidesen completalas. A Primeira Ministra de Ucraína, Iulia Timoshenko, saíu a apoiar ao seu país, anunciando que confiaba en que os proxectos estarían listos ao seu debido tempo. Con todo, ps membros do comité organizador dubidaban de que a renovación do Estadio Olímpico de Kíiv estivese a tempo.

Aínda que a UEFA mencionou en xuño de 2008 que non existían plans para realizar a Eurocopa 2012 fóra dos dous países eslavos, Platini decidiu avaliar a situación no Congreso Executivo da UEFA en outubro. Días antes de dita reunión, o goberno polaco suspendeu as actividades da Asociación Polaca de Fútbol (PZPN) e colocou a un administrador interino, ante o cal a UEFA anunciou que dita intromisión podía provocar a suspensión da súa afiliación á FIFA e automaticamente o dereito de organización do evento.

Aínda que finalmente a situación resolveuse, os efectos da crise económica de 2008 puxeron novamente en cuestión a capacidade da organización de finalmente completar a infraestrutura necesaria, incluso xerando dúbidas por parte de Evhen Chervonenko, director do comité organizador ucraíno, quen mencionou que aínda que os estadios e aeroportos estarían en condicións, a falta de liquidez conxelou a construción do 80% dos hoteis necesarios para organizar o torneo. O ministro ucraíno de transportes renunciou ao seu cargo polo pouco apoio do estado á realización da Eurocopa no seu país. En abril de 2010, Platini deu un ultimato de dous meses a Ucraína para que ofreza garantías de que terminará a tempo os seus preparativos de infraestruturas e estadios para a Eurocopa.

Sedes

VarsoviaPoznańGdańskWrocław
Stadion Narodowy
Capacidade: 58.145
Estadio Municipal
Capacidade: 41.609
PGE Arena
Capacidade: 42.105
Estadio Municipal
Capacidade: 42.771
KíivKhárkivDonetskLviv
Estadio Olímpico
Capacidade:69.055
Estadio Metalist
Capacidade: 35.721
Donbass Arena
Capacidade: 50.055
Arena Lviv
Capacidade: 34.915

Cada estadio seleccionado albergou tres partidos da fase de grupos, mentres que Varsovia e Kíiv contaron co partido de inauguración e a final, respectivamente. Ambas cidades serán ademais sedes das semifinais e de dous partidos de cuartos de final, con Gdansk e Donetsk como cidades organizadoras dos partidos restantes. A assitencia final total foi de 1 440 896 espectadores, o que fai unha media de 46.481 por partido.

As entradas para a UEFA EURO 2012 puxéronse á venda na primavera de 2011. Houbo entradas para un só partido así como paquetes para cada unha das 16 seleccións participantes. Ademais, puxéronse á venda localidades para persoas con problemas de visión ou que utilicen cadeira de rodas. Os seguintes estadios tamén foron considerados, mais finalmente non foron escollidos pola reunión da UEFA o 13 de maio de 2009.

CidadePoboaciónEstadioCapacidadee
Chorzów
113.162
Stadion Śląski
60.000
Cracovia
756.267
Stadion Miejski
35.000
Dnipropetrovsk
1 002 950
Dnipro Arena
31.000
Odesa
1 006 242
Estadio Chornomorets
34.362

Centros de formación

Os centros de formación de cada equipo, é dicir, o seu centro de aloxamento e adestramento, son o destino inicial para tódolos equipos á súa chegada a Polonia e Ucraína, dende onde viaxarán aos respectivos estadios nos que se celeabrará o torneo. As localizacións foron elixidas a partir dunha lista inicial de trinta e oito puntos posibles, vinte e un en Polonia e dezasete en Ucraína. A partir desa listaxe inicial cada unha das dezaseis federación clasificadas elixiu o seu lugar en 2011, finalmente trece polacos e tres ucraínos:

Mapa da representación dos centros de formación
Catro equipos hospedaranse en Varsovia, capital de Polonia, e arredores.
Polonia
SelecciónCidade
 AlemañaGdańsk
 CroaciaWarka
 DinamarcaKołobrzeg
 EspañaGniewino
 GreciaJachranka
 InglaterraCracovia
 IrlandaSopot
 ItaliaCracovia
 Países BaixosCracovia
 PoloniaVarsovia
 PortugalOpalenica
 República ChecaWrocław
 RusiaVarsovia
Ucraína
 FranciaDonetsk
 SueciaKoncha-Zaspa
 UcraínaKíiv

Árbitros

A UEFA convocou a doce árbitros pertencentes a países membros para a súa desempeño durante esta Eurocopa. A cada un a organización designou dous asistentes da mesma federación para así asegurar que o trío de árbitros teña coñecemento e experiencia entre eles. A maioría dos xuíces tiveron experiencia en torneos como a Liga de Campións da UEFA, e mesmo algúns participaron no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, como é o caso do inglés Howard Webb quen arbitrou a final.

FederaciónÁrbitroAsistentes
AlemañaWolfgang StarkJan-Hendrik SalverMike Pickel
EscociaCraig Alexander ThomsonAlasdair RossDerek Rose
EsloveniaDamir SkominaPrimoz ArharMarko Stancin
EspañaCarlos Velasco CarballoRoberto Alonso FernándezJuan Carlos Yuste Jiménez
FranciaStéphane LannoyEric DansaultFrédéric Cano
InglaterraHoward WebbMichael MullarkeyPeter Kirkup
ItaliaNicola RizzoliRenato FaveraniAndrea Stefani
HungríaViktor KassaiGabor ErosGyörgy Ring
PortugalPedro ProençaBertino Cunha MirandaRicardo Jorge Ferreira Santos
Países BaixosBjorn KuipersSander Van RoekelErwin Zeinstra
SueciaJonas ErikssonStefan WittbergMathias klasenius
TurquíaCüneyt ÇakırBahattin DuranTarık Ongun

Símbolos

Slavek e Slavko.

Slavek e Slavko

Slavek e Slavko son os nomes das mascotas oficiais do campionato. Son dous xemelgos cun peiteado estilo punk coas cores de Polonia, a branca e a vermella, e da Ucraína, a azul e a amarela. No peito levan os números 20 e 12, polo ano no que se celebrará o torneo. A imaxe das mascotas foi presentada ao público o 16 de novembro de 2010, xusto o mesmo día que se abriu unha votación online para elixir o nome. Os resultados da votación foron:

  • Slavek e Slavko (56% dos votos)
  • Siemko e Strimko (29% dos votos)
  • Klemek e Ladko (15% dos votos)

Tango 12

O "Adidas Tango 12" é o balón oficial da Eurocopa. Foi presentado o 2 de decembro durante os sorteo dos grupos do campionato en Kíiv. O Tango 12, supón a cuarta encarnación da icónica serie de balóns Tango, o cal foi o balón oficial do Mundial da Arxentina 1978. O seu deseño é clásico, con debuxos representando as bandeiras de Polonia e de Ucraína.

Logo e lema

O logotipo oficial para o torneo foi presentado nun evento especial na Praza de Mykhailivska, Kíiv, o 14 de decembro de 2009. O seu deseño está baseado no Wycinanki, unha arte tradicional de cortado de papel en Polonia e zonas rurais de Ucraína. Esa forma artística do logo simboliza a natureza das áreas rurais de ambos países. Como parte do evento, os edificios máis emblemáticos das oito cidades sede ilumináronse co logo do torneo.

O lema da competición, "Creando historia xuntos" (en polaco: Razem tworzymy przyszłość, en ucraíno: Творимо історію разом, Tvorymo istoriyu razom), foi anunciado xunto co logotipo. O lema reflicte o feito de que Polonia e Ucraína representan os países organizadores máis orientais da historia da Eurocopa.

Clasificación

O sorteo da fase de clasificación tivo lugar no Palacio de Cultura e Ciencias de Varsovia onde participaron como "embaixadores" futbolísticos dos dous países organizadores os polacos Zbigniew Boniek e Andrzej Szarmach e os ucraínos Oleg Blokhin e Andriy Shevchenko.

A competición nos grupos da clasificación para a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, países xa clasificados como organizadores, comezou o 3 de setembro de 2010 e finalizou o 11 de outubro de 2011. Os líderes de grupo e o mellor segundo clasificáronse directamente á fase final da Eurocopa, mentres que os oito segundos restantes enfrontáronse en catro partidos de ida e volta para decidir os catro últimos participantes. Estes partidos foron xogados o 11 e o 15 de novembro de 2011.

Lista de participantes

Dos dezaseis equipos clasificados para a fase final, a única selección debutante no torneo é a da anfitrioa Ucraína.

Equipos participantes
 Alemaña  Francia  Italia  República Checa
 Croacia  Grecia  Países Baixos  Rusia
 Dinamarca  Inglaterra  Polonia  Suecia
 España  Irlanda  Portugal  Ucraína

Grupos

O sorteo foi realizado o venres 2 de decembro de 2011 na cidade de Kíiv, capital de Ucraína. Polonia e Ucraína serán colocadas no primeiro bombo de catro, xunto coa vixente campioa España e os Países Baixos, de maneira que está é segunda Eurocopa na que Alemaña non é cabeza de serie. Cómpre destacar que Polonia xa antes do sorteo estaba adxudicada ao grupo A, con sede en Varsovia, mentres que Ucraína foi colocada no Grupo D con sede será Kíiv.

Grupo para o sorteo 1Grupo para o sorteo 2Grupo para o sorteo 3Grupo para o sorteo 4
 Polonia
 Ucraína
 España
 Países Baixos
 Alemaña
 Italia
 Inglaterra
 Rusia
 Croacia
 Grecia
 Suecia
 Portugal
 Dinamarca
 Francia
 República Checa
 Irlanda

Calendario

Os horarios corresponden ás horas de Polonia (UTC+2, grupos A e C) e de Ucraína (UTC+3, grupos B e D) respectivamente. Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.

Fase de grupos

Grupo A


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
República Checa6320145-1
Grecia43111330
Rusia4311153+2
Polonia2302123-1


Polonia 1 - 1Grecia8 de xuño de 2012, 18:00 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 56.070
Árbitro: Carlos Velasco (España)
Lewandowski  17'Informe
Salpigidis  51'
 
Rusia 4 - 1República Checa8 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Wrocław
Asistencia: 40.803
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Dzagoev  15'  79'
Shirokov  24'
Pavlyuchenko  82'
Informe
Pilař  52'
 


Grecia 1 - 2República Checa12 de xuño de 2012, 18:00 – Stadion Miejski, Wrocław
Asistencia: 41.105
Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia)
Gekas  53'Informe
Jiráček  3'
Pilař  6'
 
Polonia 1 - 1Rusia12 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.920
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Błaszczykowski  57'Informe
Dzagoev  37'
 


República Checa 1 - 0Polonia16 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Wrocław
Asistencia: 41.480
Árbitro: Craig Thomson (Escocia)
Jiráček  72'Informe
 
Grecia 1 - 0Rusia16 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.614
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Karagounis  45+2'Informe
 

Grupo B


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Alemaña9330052+3
Portugal6320154+1
Dinamarca3310245-1
Países Baixos0300325-3


Países Baixos 0 - 1Dinamarca9 de xuño de 2012, 19:00 – Estadio Metalist, Khárkiv
Asistencia: 35.923
Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia)
Informe
Krohn-Dehli  24'
 
Alemaña 1 - 0Portugal9 de xuño de 2012, 21:45 – Arena Lviv, Lviv
Asistencia: 32.990
Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia)
Gómez  72'Informe
 


Dinamarca 2 - 3Portugal13 de xuño de 2012, 19:00 – Arena Lviv, Lviv
Asistencia: 31.840
Árbitro: Craig Thomson (Escocia)
Bendtner  41'  80'Informe
Pepe  24'
Postiga  36'
Varela  87'
 
Países Baixos 1 - 2Alemaña13 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Metalist, Khárkiv
Asistencia: 37.750
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Van Persie  73'Informe
Gómez  24'  38'
 


Portugal 2 - 1Países Baixos17 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Metalist, Khárkiv
Asistencia: 37.445
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Ronaldo  28'  74'Informe
Van der Vaart  11'
 
Dinamarca 1 - 2Alemaña17 de xuño de 2012, 21:45 – Arena Lviv, Lviv
Asistencia: 32.990
Árbitro: Carlos Velasco (España)
Krohn-Dehli  24'Informe
Podolski  19'
Bender  80'
 

Grupo C


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
España7321061+5
Italia5312042+2
Croacia4311143+1
Irlanda0300319-8


España 1 - 1Italia10 de xuño de 2012, 18:00 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 38.869
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Fàbregas  64'Informe
Di Natale  61'
 
Irlanda 1 - 3Croacia10 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Poznań
Asistencia: 39.550
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
St Ledger  19'Informe
Mandžukić  3'  48'
Jelavić  43'
 


Italia 1 - 1Croacia14 de xuño de 2012, 18:00 – Stadion Miejski, Poznań
Asistencia: 37.096
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Pirlo  39'Informe
Mandžukić  72'
 
España 4 - 0Irlanda14 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 39.150
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Torres  4'  70'
Silva  49'
Fàbregas  83'
Informe
 


Croacia 0 - 1España18 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 39.076
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Informe
Navas  88'
 
Italia 2 - 0Irlanda18 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Poznań
Asistencia: 38.794
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Cassano  35'
Balotelli  90'
Informe
 

Grupo D


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Inglaterra7321053+2
Francia43111330
Suecia33102550
Ucraína3310224-2


Francia 1 - 1Inglaterra10 de xuño de 2012, 19:00 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 47.400
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Nasri  39'Informe
Lescott  30'
 
Ucraína 2 - 1Suecia10 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 64.290
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Shevchenko  55'  62'Informe
Ibrahimović  52'
 


Ucraína 0 - 2Francia14 de xuño de 2012, 19:00 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 48.000
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Informe
Ménez  53'
Cabaye  56'
 
Suecia 2 - 3Inglaterra14 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 64.640
Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia)
Johnson  49' (p.m.)
Mellberg  59'
Informe
Carroll  23'
Walcott  64'
Welbeck  78'
 


Inglaterra 1 - 0Ucraína18 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 48.700
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Rooney  48'Informe
 
Suecia 2 - 0Francia18 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 63.010
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Ibrahimović  54'
Larsson  90+1'
Informe
 

Fase final


Cuartos de final

República Checa 0 - 1Portugal21 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.590
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Informe
Ronaldo  79'
 
Alemaña 4 - 2Grecia22 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 38.751
Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia)
Lahm  39'
Khedira  61'
Klose  68'
Reus  74'
Informe
Samaras  55'
Salpigidis  89' (pen.)
 


España 2 - 0Francia23 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 47.000
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Alonso  19'  90+1' (pen.)Informe
 
Inglaterra 0 - 0
(Penaltis 2 - 4)
Italia24 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 64.340
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Gerrard
Rooney
Young
Cole
Informe
Balotelli
Montolivo
Pirlo
Nocerino
Diamanti
 

Semifinais

Portugal 0 - 0
(Penaltis 2 - 4)
España27 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 48.000
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Moutinho
Pepe
Nani
Alves
Informe
Alonso
Iniesta
Piqué
Ramos
Fàbregas
 
Alemaña 1 - 2Italia28 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.540
Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia)
Özil  90+2' (pen.)Informe
Balotelli  20'  36'
 

Final


España 4 - 0Italia1 de xullo de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 63.170
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Silva  14'
Alba  41'
Torres  84'
Juan Mata  88'
Informe
 

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas