Eudora Welty

Eudora Alice Welty, nada en Jackson (Mississippi) o 13 de abril de 1909 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2001, foi unha escritora estadounidense que escribiu novelas e contos sobre o Sur dos Estados Unidos.  Welty gañou o Premio Pulitzer en 1973 pola súa novela The Optimist's Daughter. Así mesmo, foi galardoada coa Medalla Presidencial da Liberdade en 1980. O seu fogar en Jackson foi designado como un Fito Histórico Nacional e está aberto ao público como un museo.

Infotaula de personaEudora Welty

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Eudora Alice Welty Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1909 Editar o valor em Wikidata
Jackson, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 2001 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Jackson, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreenwood Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaJackson (–2001)
Mississippi Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónColumbia Business School (en) Traducir - publicidade (1930–1931)
Universidade de Wisconsin-Madison - literatura inglesa (1927–1929)
Mississippi University for Women (en) Traducir
Universidade de Columbia
Peterhouse (en) Traducir
Universidade de Wisconsin-Madison
Central High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritora e fotógrafa
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoConto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0920673 IBDB: 11224
BNE: XX1010858 Musicbrainz: 07755045-c377-48c1-9568-ee4656054625 Discogs: 1346524 WikiTree: Welty-585 Find a Grave: 23294 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Welty naceu en Jackson, filla de Chestina e Christian Welty, unha mestra e un executivo de seguros respectivamente. Eudora tivo dous irmáns, Edward e Walter.[1]

Estudou no Mississippi State College for Women e posteriormente asistiu á Universidade de Wisconsin-Madison e a Columbia Business School na Universidade de Columbia. Mentres estaba na Universidade de Columbia, foi a capitá do equipo feminino de polo e frecuentaba o café de Romany Marie durante os anos 1930.[2]

Viviu a maior parte da súa vida na veciñanza de Belhaven en Jackson, nunha casa que os seus pais construíran en 1925. Posteriormente, doou a casa ao Departamento de Historia e Arquivos de Mississippi. A casa foi preservada e convertida en museo tras ser declarada un Fito Histórico Nacional.

Durante os anos trinta, Welty traballou como publicista para a Works Progress Administration, un traballo que a fixo viaxar por todo Mississippi. Welty aproveitaba o seu tempo para tomar fotografías, especialmente as que manifestaban os efectos da Gran Depresión. Por entón, tratou de expor as súas fotografías. Publicáronse varias coleccións das súas fotografías, incluíndo One Time, One Place (1971) e Photographs (1989).

A partir da década de 1950 abandonou a fotografía e dedicouse completamente a escribir.[3] Xa o seu primeiro conto, "Death of a Traveling Salesman", foi publicado en 1936. O seu traballo chamou a atención da escritora Katherine Anne Porter, quen se converteu na súa mentora e escribiu o prefacio para o seu primeiro libro de contos, A Curtain of Green (1941). O libro converteu a Welty nunha das novas figuras literarias estadounidenses.

A súa novela The Optimist's Daughter gañou o Premio Pulitzer á Novela en 1973. Así mesmo, en 1992, recibiu o Rea Award for the Short Story polas súas contribucións aos contos estadounidenses.

Welty era membro da Fellowship of Southern Writers, fundada en 1987. Tamén ensinou composición creativa en diversos obradoiros e universidades.

Honras

Tumba de Welty no Greenwood Cemetery de Jackson, Mississippi
  • En 1990, Steve Dorner bautizou o seu programa de correo electrónico "Eudora", inspirado polo conto de Welty "Why I Live at the P.O."[4] Informouse que Welty estaba "agradecida e divertida" polo tributo.[5]
  • En 1973, o estado de Mississippi estableceu o 2 de maio como o "Día de Eudora Welty".[6]
  • Cada mes de outubro, a Mississippi University for Women é sede do "Eudora Welty Writers' Symposium" para promover e celebrar a obra de escritores sureños contemporáneos.[7]
  • O profesor de escultura da Universidade Estatal de Mississippi Critz Campbell deseñou mobiliario inspirado por Welty, que apareceu na revista Smithsonian, The New York Times, Los Angeles Times, The Washington Post, na revista Elle e en Discovery Channel.
  • Un retrato de Welty pintado pola súa amiga Mildred Nungester Wolfecolga na National Portrait Gallery do Smithsonian.

Obras

Libros de contos

  • Morgana: Two Stories from The Golden Apples (1988)
  • The Collected Stories of Eudora Welty (1982)
  • Moon Lake and Other Stories (1980)
  • Thirteen Stories (1965)
  • The Bride of the Innisfallen and Other Stories (1955)
  • Selected Stories (1954)
  • The Golden Apples (1949)
  • Music from Spain (1948)
  • The Wide Net and Other Stories (1943)
  • A Curtain of Green (1941)
  • "A Worn Path" (1940, conto individual)
  • "Death of a Traveling Salesman" (1936, conto individual)

Novelas

  • The Optimist's Daughter (1972)
  • Losing Battles (1970)
  • The Shoe Bird (1964)
  • The Ponder Heart (1954)
  • Delta Wedding (1946)
  • The Robber Bridegroom (1942)

Non ficción

  • 3 Minutes or Less (2001)
  • The Norton Book of Friendship (1991, editora)
  • One Writer's Beginnings (1983, autobiografía)
  • The Eye of the Story (1978)
  • Three Papers on Fiction (1962)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas