É un arbusto con follaxe persistente; talo cuadrangular; follas opostas, grandes, con pelos urticantes; coas flores de cor lila. Florea de outono a primavera e frutifica na primavera.
A característica máis coñecida desta planta é a presenza de pelos urticantes cuxo líquido cáustico (acetilcolina) produce unha irritación con proído intenso na pel cando se toca ou roza.