Esteban Gutiérrez

Esteban Manuel Gutiérrez Gutiérrez[1] nado o 5 de agosto de 1991 en Monterrey, Nuevo León, é un piloto mexicano de carreiras de coches. Foi o campión de GP3 de 2010, gañando o título na tempada inaugural da serie 2010. En 2008, gañou o Campionato de Europa de Fórmula BMW,[2] converténdose no piloto mexicano máis novo en gañar un campionato internacional aos 17 anos de idade.

Infotaula de personaEsteban Gutiérrez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Monterrey, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 EquipoVehículo empregado
-Haas F1 Team
-Mercedes-AMG (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webestebangtz.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: EstebanGtzOnline Twitter: EstebanGtz Instagram: estebangtz Editar o valor em Wikidata

Carreira

Karting

Gutiérrez comezou a súa carreira en 2004 na mexicana Rotax Max Challenge (Karting) cando participou nos últimos tres eventos da tempada. En 2005, volveu competir na Rotax Max Challenge (Karting), e tamén competiu no Grand Nationals en South Bend Indiana, onde terminou terceiro, o que lle valeu un lugar na Final Mundial en Malaisia, onde terminou 22º, debido a problemas mecánicos.

En 2006, Esteban gañou os 5 carreiras no Camkart Challenge México, unha e outra vez correu na Rotax Max Challenge. El tamén acabou cuarto no Grand Nationals de México en Zacatecas, México. En 2007 competiu na Fórmula BMW serie dos Estados Unidos. Terminou segundo no campionato, con 4 vitorias, 8 podios e 9 poles, o que lle valeu o título de Novato do Ano. A pesar de terminar segundo, Gutiérrez terminou uns 87 puntos por detrás do escapado campión Daniel Morade.

Fórmula BMW

Gutiérrez pasou a Europa para competir no campionato de Europa de 2008 da Fórmula BMW e gañou o campionato por 26 puntos a Marco Wittmann, gañou 7 carreiras (seis delas consecutivas). Na FBMW, Gutiérrez terminou 3º na Final Mundial en Cidade de México, batido polo campión americano Alexander Rossi e Michael Christensen.

Fórmula Tres Euroseries

En 2009, Gutiérrez pasouse á Fórmula Tres Euroseries cun asento en ART Grand Prix xunto con Jules Bianchi, Valtteri Bottas e Adrien Tambay. Terminou noveno no campionato, tendo dous podios durante a tempada.

GP3 Series

2010 viu a Gutiérrez pasar á GP3 Series, competindo con ART Grand Prix xunto a Pedro Nunes e Alexander Rossi.[3] Gutiérrez gañou a primeira tempada a falta de dúas carreiras, grazas ás bonificacións resultantes das pole position, a fin de semana da carreira de Monza.[4]

GP2 Series

Gutiérrez pasou con ART á GP2 Series en 2011, xunto con Jules Bianchi. Terminou undécimo na GP2 Asia series. Na serie principal, anotou os seus primeiros puntos na carreira en Valencia, no que seguidamente acadou unha vitoria. Terminou 13º no campionato de pilotos.

Fórmula Un

Gutiérrez probou un BMW Sauber de Fórmula Un en decembro de 2009 como parte do seu premio por gañar o campionato de Fórmula BMW Europa.[5] A pesar de que o equipo perde o apoio da BMW para 2010, uniuse como observador nalgúns Grandes Premios e foi colocado no mesmo programa de adestramento como os pilotos de carreiras Pedro de la Rosa e Kamui Kobayashi.[6] Máis tarde, na tempada, foi nomeado oficialmente como piloto de probas do equipo e piloto de reserva[7] O 16 de novembro de 2010 participou na proba de novos pilotos en Abu Dhabi establecendo o cuarto mellor tempo do día, pouco máis de seis décimas de segundo do tempo de clasificación establecidos por Kamui Kobayashi.[8]

O 28 de xullo, anunciouse que Gutiérrez permanecería como piloto de reserva de Sauber na tempada 2012.[9] Gutiérrez novamente tomou parte no test de novos pilotos en Abu Zabi o 19 de novembro, esta vez establecendo a quinta volta máis rápida o xoves e a sétima máis rápida en xeral, que foi un pouco máis dun segundo menos que Sergio Pérez mendoza, o tempo máis rápido na cualificación.[10]

O 26 de outubro de 2012, Gutiérrez participou na primeira sesión de adestramentos libres no Gran Premio da India de 2012, en substitución dun enfermo Pérez. En última instancia, rexistrou o 20º tempo máis rápido da sesión, antes de que Pérez puidese regresar ao coche para a segunda sesión.[11]

Sauber (2013–2014)

Gutiérrez no Sauber C32 durante os tests de inverno no Jerez, en 2013

O 23 de novembro de 2012, anunciouse que Gutiérrez permanecería con Sauber, promovido a piloto titular logo de que Nico Hülkenberg, marchara ao equipo Force India.[12] A súa primeira saída co equipo foi no Gran Premio de Australia de 2013, onde se clasificou na 18ª posición logo de estrelarse durante a primeira sesión de cualificación que viu a bandeira vermella debido á forte choiva. Logo dunha sólida pilotaxe finalmente terminou a carreira décimo terceiro, a mellor posición de todos os novatos de 2013.[13] No Gran Premio de Malaisia de 2013, Gutiérrez chegou á Q2 e cualificou 14º, correu unha carreira sen incidentes para terminar duodécimo,[14] despois de verse obrigado a parar no pit a falta de cinco voltas.

En China, só logrou cualificar a 18º malia que o seu compañeiro de equipo chegou á Q3. A súa carreira foi cortada na volta 4 cando perdeu o seu punto de freado e golpeou a parte traseira de Adrián Sutil, o que deu lugar a súa primeira retirada da tempada. En Bahrain, unha vez máis cualificou 18º, e comezou a carreira no último lugar da grella logo de recibir unha penalización de 5 puntos polo seu accidente na China. Logo de pasar a carreira loitando cuns pneumáticos rapidamente degradados, terminou onde comezou, aínda que, a unha volta dos líderes.

Gutiérrez durante o FP1 en Malaisia.

O Gran Premio de España de 2013 foi un punto de inflexión na curta carreira de Gutiérrez de Fórmula Un. Logo de chegar a Q2 por segunda vez, clasificouse 16º. Antes da carreira foi sancionado por obstaculizar a Kimi Räikkönen na cualificación e polo tanto caeu 3 lugares na grella á 19ª. Tivo unha moi boa carreira en comparación cos resultados anteriores. Liderou a carreira por un par de voltas, e tivo unha batalla a metade da carreira con Jenson Button, pero finalmente logo dun pit stop, non puido pasar a Daniel Ricciardo nas últimas dúas voltas, terminando a tres décimas detrás da última posición dos puntos. Tamén logrou a súa primeira volta rápida da carreira,[15] sendo o segundo nos libros de rexistro como 'O piloto máis novo en establecer unha volta rápida' logo de Nico Rosberg.

Gutiérrez no Gran Premio de Singapur de 2014

Gutiérrez logrou puntuar por primeira vez no Gran Premio do xapón de 2013. Comezara décimo cuarto na grella, e terminou a carreira no sétimo lugar, aguantando a Nico Rosberg nas voltas finais.[16][17]O 21 de decembro de 2013, confirmouse que Gutiérrez seguiría con Sauber en 2014.

Logo de non lograr un só punto durante a tempada 2014, o 15 de decembro de 2014, anunciouse que Gutiérrez asinara con Ferrari como piloto de proba e reserva para 2015.[18]

Ferrari (2015)

Tralo seu despedimento de Sauber a favor de Marcus Ericsson e Felipe Nasr, anunciouse que Gutiérrez serviría como piloto de reserva en Ferrari, en lugar de Jules Bianchi.

Haas F1 (2016)

Gutiérrez pilotando un Haas no Gran Premio de Bahrain de 2016

En outubro de 2015, no Gran Premio de México de 2015, anunciouse que Gutiérrez volvería competir no deporte xunto a Romain Grosjean no equipo Haas.


Rexistro de carreiras

Resumo de carreiras

TempadaSeriesEquipoCarreirasVitoriasPolesVRPodiosPuntosPosición
2007Formula BMW USATeam Autotecnica144928436
Formula BMW World Final10000N/A25º
Formula BMW ADACEsteban Gutiérrez200104626º
2008Formula BMW EuropeJosef Kaufmann Racing1673912353
Formula BMW World Final10101N/A
German Formula Three20000N/ANC†
International Formula MasterTrident Racing20001819º
2009Fórmula 3 EuroseriesART Grand Prix20000226
Fórmula 3 btritánica40011N/ANC†
Masters of Formula 310000N/A17º
2010GP3 SeriesART Grand Prix16537988
Fórmula 3 Euroseries20000N/ANC†
Fórmula 3 británica30000N/ANC†
2011GP2 Asia SeriesLotus ART40000311º
GP2 SeriesLotus ART1810121513º
Formula 1Sauber F1 TeamPiloto de probas
2012GP2 SeriesLotus GP243057176
Fórmula 1Sauber F1 TeamPiloto de probas
2013Fórmula 1Sauber F1 Team190010616º
2014Fórmula 1Sauber F1 Team190000020º
2015Fórmula 1Scuderia FerrariPiloto de probas
2016Fórmula 1Haas F1 Team210000021º

† - Como Gutiérrez era un piloto invitado, non podía puntuar.

Resultados completos na Fórmula Tres Euroseries

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor1234567891011121314151617181920DCPuntos
2009ART Grand PrixDallara F308/070MercedesHOC1
1

16
HOC1
2

Ret
LAU
1

24
LAU
2

11
NOR
1

4
NOR
2

12
ZAN
1

5
ZAN
2

7
OSC
1

9
OSC
2

9
NÜR
1

3
NÜR
2

6
BRH
1

7
BRH
2

5
CAT
1

Ret
CAT
2

9
DIJ
1
12
DIJ
2
3
HOC2
1

11
HOC2
2

6
26
2010ART Grand PrixDallara F308/049MercedesLEC
1
LEC
2
HOC1
1

6
HOC1
2

Ret
VAL
1
VAL
2
NOR
1
NOR
2
NÜR
1
NÜR
2
ZAN
1
ZAN
2
BRH
1
BRH
2
OSC
1
OSC
2
HOC2
1
HOC2
2
NC†N/A

† - Como Gutiérrez era un piloto invitado, non podía puntuar.

Resultados completos na GP3 Series

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipo12345678910111213141516DCPuntos
2010ART Grand PrixESP
FEA
3
ESP
SPR
3
TUR
FEA

1
TUR
SPR

7
VAL
FEA

1
VAL
SPR

7
RU
FEA

1
RU
SPR

3
ALE
FEA

4
ALE
SPR

1
HUN
FEA

2
HUN
SPR

5
BEL
FEA

16
BEL
SPR

7
ITA
FEA

1
ITA
SPR

Ret
88

Resultados completos na GP2 Series

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipo123456789101112131415161718DCPuntos
2011Lotus ARTTUR
FEA

Ret
TUR
SPR

11
ESP
FEA

Ret
ESP
SPR

12
MON
FEA

12
MON
SPR

DNS
VAL
FEA

7
VAL
SPR

1
RU
FEA

10
RU
SPR

8
ALE
FEA

12
ALE
SPR

Ret
HUN
FEA

Ret
HUN
SPR

2
BEL
FEA

14
BEL
SPR

7
ITA
FEA

9
ITA
SPR

6
13º15

Resultados completos na GP2 Asia Series

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipo1234DCPuntos
2011Lotus ARTABU
FEA
Ret
ABU
SPR
12
ITA
FEA
12
ITA
SPR
4
11º3

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEscuderíaChasisMotor123456789101112131415161718192021PostoPuntos
2016Haas F1 TeamHaas VF-16Ferrari 059/5 1.6 V6 tAUS
Ret
BHR
Ret
CHN
14
RUS
17
ESP
11
MON
11
CAN
13
EUR
16
AUT
11
GBR
16
HUN
13
ALE
11
BEL
12
ITA
13
SIN
11
MAL
Ret
XPN
20
USA
Ret
MEX
19
BRA
Ret
ABU
12
21º0
2014Sauber F1 TeamSauber C33Ferrari 059/3 1.6 V6 tAUS
12
MAL
Ret
BAH
Ret
CHN
16
ESP
16
MON
Ret
CAN
14†
AUT
19
RU
Ret
ALE
14
HUN
Ret
BEL
15
ITA
20
SIN
Ret
XPN
13
RUS
15
USA
14
BRA
14
ABU
15
20º0
2013

Sauber

AUS
13
MAL
12
CHN
Ret
BAH
18
ESP
11
MON
13
CAN
20†
RU
14
ALE
14
HUN
Ret
BEL
14
ITA
13
SIN
12
COR
11
XPN
7
IND
15
ABU
13
USA
13
BRA
12
16º6

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas