Estación do Irixo

estación de ferrocarril no concello do Irixo

8°06′19″O / 42.5194, -8.10528

O Irixo é unha estación de tren de Adif situada na vila do Irixo, provincia de Ourense. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

O Irixo
Plataforma da Estación do Irixo
SituaciónO Irixo
Liñas
Media distanciaRexional

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 298,0 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 549 metros de altitude, entre as estacións do Carballiño e Lalín.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Atópase ao sur do Irixo. Seguindo a liña arquitectónica das estacións deste tramo da liña o edificio para viaxeiros é unha construción en pedra, de planta irregular e dúas alturas con cheminea lateral e tellado de tella de varias vertentes. Dous soportais apoiados en arcos rebaixados adornan as dúas fachadas da estación. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

LiñasTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
2MDSantiago de Compostela<>Ourense-San Francisco

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas