Estación do Carballiño

8°04′08″O / 42.4314, -8.06888

O Carballiño é unha estación de tren de Adif situada na vila do Carballiño, na provincia de Ourense. Conta con servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.[1]

O Carballiño
Estación do Carballiño
SituaciónO Carballiño
Liñas
Longa DistanciaIntercity, Trenhotel
Media distanciaRexional
Estación do Carballiño.
Tapa de rexistro do Ferrocarril Zamora-A Coruña.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 279,177 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 396 metros de altitude, entre as estacións da Friela-Maside e Boborás.[2] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-O Carballiño da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[3] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio para viaxeiros é un amplo edificio de planta rectangular formado por dous pisos. Ten a particularidade de posuír unha torre de tres pisos nun dos seus laterais. A fachada conta tamén cun pequeno frontón no que se incrusta un reloxo de agulla.

Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías (vía 3 plataforma lateral, vía 1 e 2, plataforma central). Outras cinco vías máis numeradas como vías 4, 6, 8, 10 e 12 completan as instalacións. As dúas últimas son vías mortas que dan acceso a un peirao de carga cuberto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizados a 20 de xuño de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
IntercityHendaiaIrún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías GalegasMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

LiñasTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
2MDSantiago de Compostela<>Ourense-San Francisco

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas