Estación de Sahagún

5°01′20″O / 42.3692, -5.02214

A estación de Sahagún é unha estación de ferrocarril de Adif situada no concello de Sahagún, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Sahagún
A estación de noite de inverno
SituaciónSahagún (León)
Servizosvenda de billetes Cantina aparcamiento
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaIntercity, MD, Rexional Exprés
Intermodalidade
OutrosTaxi

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 61,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Venta de Baños e Xixón.

Historia

A liña férrea, construída pola Compañía do Noroeste en 1863, orixinalmente de vía única sen electrificar, foi inaugurada no período entre 1860 e 1868, cun trazado moi favorable entre Palencia e León. Na actualidade permite desenvolver velocidades de 160 km/h, que poderían aumentarse cambiando o modelo de catenaria. Cando se produciu o desdobramento da vía a principios do século XX, construíuse a segunda vía separada uns 50 metros da actual, cun trazado sinuoso, durante un traxecto dun 2 km en dirección a León.

A estación

Estación de Sahagún.

A estación atópase ao sueste da localidade. Ata hai poucos anos aínda se mantiña en pé o edificio de viaxeiros da antiga estación. Ten servizos de venda de billetes, teléfono, aseos e cantina. Tamén hai unha parada de taxis.

Conta con dúas plataformas de máis de 300 metros cada unha, estando recrecidas uns 280 metros, e conectadas coa estación tanto en superficie como por paso inferior. Conta con once vías, delas catro son de circulación, outras catro de estacionamento -delas dous xunto ao peirao de carga, unha dá acceso ao silo, outra á subestación e unha última vía morta.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · BenicàssimOrpesa6 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón6 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de CompostelaA Coruña4 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar3 trens semanais por sentido
IntercityHendaiaIrún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido
IntercityBilbao-AbandoLaudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido
Trenhotel AtlánticoMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol6 trens semanais por sentido

Media distancia

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

LiñaTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
IntercityMadrid-Chamartin
Alcázar de San Juan
<>León
'IntercityMadrid-Chamartin<>Vigo-Guixar
17MD
Rexional Exprés
León
Ponferrada
<>Valladolid
Medina del Campo

Véxase tamén

Ligazóns externas