Estación de Vedra-Ribadulla

(Redirección desde «Estación de Ribadulla»)

8°25′42″O / 42.7767, -8.42833

Vedra-Ribadulla é unha estación de tren de Adif situada en Ribadulla, no concello de Vedra, provincia da Coruña. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Vedra-Ribadulla
SituaciónVedra
Liñas
Media distanciaRexional

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 355,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 172 metros de altitude, entre as estacións de Santiago de Compostela e A Bandeira.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por dous pisos. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

LiñasTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
2MDSantiago de Compostela<> Ourense-San Francisco

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas