Estación de Bembibre
6°25′17″O / 42.6091, -6.42142
Bembibre é unha estación de tren de Adif situada no concello de Bembibre, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Bembibre | |
---|---|
![]() | |
Situación | Bembibre |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 232,2 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 647 metros de altitude[1], entre as estacións de Villaverde de los Cestos e de Torre del Bierzo. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de febreiro de 1882 coa posta en marcha do tramo Ponferrada-Brañuelas da liña que pretendía unir Palencia e A Coruña.[2] Os case catorce anos que separan a apertura deste tramo do anterior entre Brañuelas e Astorga deixan patente as dificultades atopadas para dar cun trazado cuxo desnivel fora asumible polas locomotoras da época. As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
Sitúase ao sur da localidade de Bembibre. O edificio para viaxeiros é un recinto de base rectangular, dúas plantas e disposición lateral ás vías. Está cuberta cun amplo tellado de lousa de dúas vertentes. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Só a plataforma lateral conta cunha marquesiña parcial cubrindo a mesma. Nos arredores da estación hai peiraos de mercadorías e zonas de carga hoxe abandonadas.
Servizos ferroviarios
Longa distancia
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín León | <> | Vigo-Guixar | |
23 | Rexional Exprés | Valladolid-Campo Grande León | <> | Ponferrada |
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Información na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)