Estación de Barra de Miño

estación de ferrocarril en Barra de Miño, Coles

7°48′06″O / 42.4033, -7.80179

Barra de Miño é unha estación de tren de Adif situada en Barra de Miño, no concello de Coles, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Barra de Miño
Estación de Barra de Miño.
SituaciónColes
Liñas
Media distanciaRexional Exprés
Vista da estación.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 36,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 118 metros de altitude, entre as estacións dos Peares e Ourense-Empalme.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Está situada a beiras do río Miño. O seu edificio para viaxeiros conserva o seu deseño orixinal. É de base rectangular, dúas alturas e está recuberta por un tellado de catro vertentes. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

LiñaTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
6Rexional ExprésLeón
Ponferrada
<>Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas