Estación de Arbo

estación de ferrocarril en Arbo

8°18′00″O / 42.107, -8.30012

Arbo é unha estación de tren de Adif situada en Arbo, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Arbo
SituaciónArbo
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 108,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 43 metros de altitude, entre as estacións da Pousa-Crecente e Sela.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

LiñaTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
IntercityMadrid-Chamartín<>Vigo-Guixar
6Rexional ExprésLeón
Ponferrada
Ourense-Empalme
<>Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas