Especificidade biolóxica

En bioloxía, a especificidade biolóxica é a tendencia dunha característica biolóxica como un comportamento ou unha variación bioquímica ou outra, a aparecer nunha determinada especie.

O bioquímico Linus Pauling afirmou que

A especificidade biolóxica é o conxunto de características dos organismos vivos ou constituíntes dos organismos vivos que os fan ser especiais ou facer algo especial. Cada especie de animal ou planta é especial. Difire dalgún modo de todas as outras especies. …
…a especificidade biolóxica é o principal problema para comprender a vida.[1]

Subtemas

As características biolóxicas poden ser descritas como interespecíficas, intraespecíficas e conespecíficas.

A interespecificidade (literalmente entre especies), ou ser interespecífico, describe aspectos entre individuos de especies distintas. Estas poden incluír:

  • Comunicación interespecífaca, a comunicación entre difeentes especies de animais, plantas, fungos ou bacterias.
  • Competición interespecífican, na que os individuos de diferentes especies compiten polos mesmos recursos nun ecosistema.
  • Alimentación interespecífica, na que os adultos dunha especie alimentan as crías doutra especie.
  • Hibridación interespecífica ou reprodución entre distintas especies.
  • Interacción interespecífica, os efectos que uns organismos da comunidade teñen sobre outros.
  • Embarazo interespecífico, embarazo no que un embrión ou feto dunha especie é xestado por outra.

A intraespecificidade (literalmente dentro da especie) ou ser intraespecífico, describe os comportamentos, variacións bioquímicas e outros aspectos dentro dos individuos dunha mesma especie. Estes poden ser:

  • Antagonismo intraespecífico, cando os individuos da mesma especie son hostís entre si.
  • Competición intraespecífica, cando individuos ou grupos de individuos da mesma especie compiten polos mesmos recursos nun ecosistema.
  • Hibridación intraespecífica ou reprodución entre variedades da mesma especie.
  • Mimetismo intraespecífico, individuos que imitan a outros da súa especie que tñen unha característica desexable. Por exemplo bolboretas que non son tóxicas poden imitar a coloración doutros individuos da súa especie que si son tóxicos, o que os protexe a ambos.

Dous ou máis individuos dunha poboación ou taxon son conespecíficos se pertencen á mesma especie.[2] Onde conviven diferentes especies que se poden hibridar e os seus gametos compiten, os gametos conespecíficos teñen precedencia sobre os heteroespecíficos, o que se denomina precedencia espermática conespecífica ou precedencia do pole conespecífica en plantas.

O antónimo de conespecificidade é a heteroespecificidade: dous individuos son heteroespecíficos se se considera que pertencen a diferentes especies biolóxicas.[3]

Conceptos relacionados

Son conxéneres os organismos do mesmo xénero.[4]

(Isto non se debe confundir con conxénico, termo que se aplica en xenética a dous organismos que só difiren nun locus e un segmento ligado dun cromosoma.[5])

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.