Eslavonia

Eslavonia[1][2][3] (en croata Slavonija) é unha rexión xeográfica e histórica da Croacia oriental. Eslavonia está formada na súa maioría por fértiles chairas, delimitadas en parte ao norte polo río Drava, ao sur polo río Sava e no leste polo Danubio.

Mapa da Eslavonia.
Mapa da Eslavonia.

Eslavonia non é un ente administrativo, estando Croacia subdividida en 20 condados de dimensións menores, pero representa un dos territorios históricos nos que podería ser dividida a República Croata, xunto con Dalmacia, Croacia Central e Istria.

Xeografía

A rexión esténdese en sete condados e conta cunha poboación de 781.454 habitantes (2001). O centro de maior poboación é Osijek, cunha poboación de 114.616 habitantes. Outras cidades importantes son:

  • Slavonski Brod
  • Vinkovci
  • Vukovar
  • Đakovo
  • Požega
  • Virovitica
  • Nova Gradiška
  • Slatina
  • Županja
  • Našice
  • Valpovo
  • Belišće

Aínda que a rexión está formada en gran parte por un baixoplano, Eslavonia presenta unha serie de baixorrelevos. Os principais son Psunj, Papuk, Požeška Gora, Ravna Gora, Krndija e Dilj.

Chaira de Eslavonia

Notas