Escudo da República Dominicana

escudo nacional da República Dominicana

O escudo de armas da República Dominicana é case unha reprodución da bandeira estatal. Creouse como resultado da proclamación da independencia (1844) e dende entón sufriu numerosas modificacións (hai evidencias da existencia de catorce modalidades diferentes). Os do primeiro período teñen elementos comúns co escudo haitiano, como o sombreiro frixio e as armas. O que presenta algúns elementos máis achegados ó escudo usado neste momento é de 1857. O actual foi deseñado por Casimiro Nemesio de Moya e oficializado por decreto o 6 de febreiro de 1913 polo goberno do presidente Adolfo Alejandro Nouel.

Escudo da República Dominicana
Detalles
ArmigerRepública Dominicana
Adoptado6 de novembro de 1844
(alterado cando menos 20 veces)
Divisa"Dios, Patria, Libertad"
(Deus, Patria, Liberdade)

Véxase tamén

Ligazóns externas