Escudería Berberecho

escudaría de rally galega

A Escudería Berberecho é unha escudaría deportiva con sede no Obre, no concello coruñés de Noia. Organiza dende 1984 o Rally de Noia e compite no Campionato de Galicia de Rally, onde logrou catro veces o campionato de escudarías.

Escudería Berberecho
Tipoescudaría de rally
Deporterally
Data de fundación1974
SedeO Obre
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

Foi fundada en 1974 por nove amigos afeccionados ao motor, encabezados por Kiko Fontano. Naceu coa intención de organizar probas automobilísticas na zona de Noia. Tentaron organizar ese ano unha carreira de montaña no monte Iroite, pero non conseguiron o diñeiro suficiente. Lográrono ao ano seguinte, nacendo así en 1975 a Subida ao Iroite, da que se levaron a cabo oito edicións máis.[1] O pintor Alfonso Costa foi o deseñador do logo.[2]

Durante eses anos organizaron ademais outros eventos non relacionados co automobilismo, como as festas patronais de Noia de 1982, para as cales organizaron un partido amigábel de baloncesto entre o Real Madrid e o Obradoiro no pavillón municipal e actuacións de artistas como Pucho Boedo, Juan Pardo e Mocedades.[3][2]

En 1984 organizaron a primeira edición do Rally de Noia, que rematou con vitoria de Chano Carrera sobre un Opel Ascona RS 2000. A proba, puntuable para o Campionato de Galicia de Rally, continuou celebrándose anualmente coas únicas excepcións de 2002, por problemas económicos, e 2020, debido á pandemia por coronavirus.[4]

A Escudería Bererecho gañou en catro ocasións o Campionato de Galicia de Rally, nas tempadas 1993, 1995, 1996 e 2015.[5] Entre os seus pilotos destacou Arturo Rial, tres veces campión galego de rallys.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas