Erwinia

xénero de bacterias

Erwinia é un xénero de bacterias da familia Enterobacteriaceae que contén importantes especies patóxenas de plantas. Recibe o seu nome polo fitobacteriólogo Erwin Frink Smith. Son bacterias gramnegativas, principalmente de forma bacilar, relacionadas con Escherichia coli, Shigella, Salmonella e Yersinia.

Moitas erwinias infectan plantas leñosas. Un membro ben coñecido do xénero é E. amylovora, que causa unha enfermidade necrótica nas maceiras, pereiras e outras rosáceas cultivadas. A especie E. tracheiphila causa enfermidades nas cucurbitáceas. Outras especies importantes, como E. carotovora (patóxena das patacas e cenorias, e chamada hoxe Pectobacterium carotovorus), estaban relacionadas de modo máis distante con E. amylovora e foron movidas aos xéneros Brenneria, Dickeya, Pectobacterium e outros.[2]

Especies

As especies que quedan no xénero Erwinia son:

  • Erwinia amylovora
  • Erwinia aphidicola
  • Erwinia billingiae
  • Erwinia mallotivora
  • Erwinia papayae
  • Erwinia persicina
  • Erwinia psidii
  • Erwinia pyrifoliae
  • Erwinia rhapontici
  • Erwinia toletana
  • Erwinia tracheiphila
  • Candidatus Erwinia dacicola

Notas