Erving Goffman

Erving Goffman, nado en Mannville (Alberta) o 11 de xuño de 1922 e finado en Filadelfia o 19 de novembro de 1982, foi un sociólogo, psicólogo social e escritor canadense, considerado por algúns "o sociólogo estadounidense máis influente do século XX".[1] En 2007 foi listado por The Times Higher Education Guide como o sexto autor máis citado en humanidades e ciencias sociais despois de Anthony Giddens, Pierre Bourdieu e Michel Foucault e por diante de Jürgen Habermas.[2]

Infotaula de personaErving Goffman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1922 Editar o valor em Wikidata
Mannville, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
President of the American Sociological Association (en) Traducir
1982 – 1982 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago - socioloxía (–1953)
Universidade de Toronto - grao en Artes (–1945)
Universidade de Manitoba (pt) Traducir
St. John's High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsociólogo , escritor de non ficción , antropólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley
Universidade de Pensilvania Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoEviatar Zerubavel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGillian Sankoff (1981–1982)
FillosAlice Goffman Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX867361 Dialnet: 118776 WikiTree: Goffman-5 Find a Grave: 9711947 Editar o valor em Wikidata

Goffman foi o 73.º presidente da American Sociological Association. A súa contribución máis coñecida á teoría social foi o estudo da interacción simbólica. Esta tomou a forma de análise dramatúrxica, comezando co seu libro de 1956 The Presentation of Self in Everyday Life. Outras obras de Goffman inclúen Asylums (1961), Stigma (1963), Interaction Ritual (1967), Frame Analysis (1974) e Forms of Talk (1981). As súas principais áreas de estudo abranguen a socioloxía da vida cotiá, a interacción social, a construción social dun mesmo, a organización social (encuadramento da experiencia, e elementos particulares da vida social como a institución social e os estigmas.

Traxectoria

Goffman naceu en 1922 en Mannville, Alberta, Canadá, fillo de Max Goffman e Anne Goffman (de solteira Averbach).[3][4] Era dunha familia de xudeus ucraínos que emigraran ao Canadá co cambio do século.[3] Tiña unha irmá máis vella, Frances Bay, actriz.[4][5] A familia mudouse a Dauphin, Manitoba, onde o seu pai mantivo un negocio de xastrería de éxito.[4][6]

Dende 1937 Goffman asistiu ao St. John's Technical High School de Winnipeg, onde se mudara a súa familia este ano. En 1939 entrou na Universidade de Manitoba para estudar química.[3][4] Interrompeu os seus estudos e mudouse a Ottawa para traballar na industria do cinema para o National Film Board of Canada, fundado por John Grierson.[6] Posteriormente desenvolveu un interese en socioloxía. Tamén durante este tempo coñeceu o célebre sociólogo estadounidense Dennis Wrong.[3] O encontro motivou a Goffman a deixar a Universidade de Manitoba e entrar na Universidade de Toronto, onde estudou con C. W. M. Hart e Ray Birdwhistell, graduándose en 1945 cun BA en socioloxía e antropoloxía.[3] Posteriormente pasou á Universidade de Chicago, onde recibiu un MA (1949) e un doutoramento (1953) en socioloxía.[3][7] Para a súa disertación de doutoramento, dende decembro de 1949 a maio de 1951 viviu e recolleu datos etnográficos na illa de Unst nas Illas Shetland.[3]

En 1952 Goffman casou con Angelica Choate; en 1953, naceu o seu fillo Thomas. Angelica sufriu dunha enfermidade mental e suicidouse en 1964.[7] Fóra da súa carreira académica, Goffman foi coñecido polo seu interese, e relativo éxito, no mercado de accións e nas apostas. Nun momento, seguindo as súas afeccións e os estudos etnográficos, converteuse en xerente nun casino de Las Vegas.[7][8]

En 1981 casou coa sociolingüista Gillian Sankoff. O ano seguinte naceu a súa filla Alice, tamén socióloga.[9][10] O 19 de novembro de 1982 Goffman faleceu en Filadelfia de cancro de estómago.[9][11][12]

Carreira

As investigacións que Goffman fixo en Unst inspirárono a escribir a súa primeira grande obra, The Presentation of Self in Everyday Life (1956).[7][13] Tras graduarse na Universidade de Chicago, en 1954–57 foi axudante do drector do National Institute for Mental Health en Bethesda, Maryland.[7] As observacións nas que participou alí levárono a escribir ensaios sobre saúde mental e as institucións sociais que tomaron forman ao seu segundo libro, Asylums: Essays on the Social Situation of Mental Patients and Other Inmates (1961).[7]

En 1958 Goffman entrou como membro do claustro do departamento de socioloxía da Universidade de California, Berkeley, primeiro como profesor visitante e a partir de 1962 como profesor a tempo completo.[7] En 1968 mudouse á Universidade de Pensilvania, recibindo a cátedra Benjamin Franklin en Socioloxía e Antropoloxía,[7] grazas en gran parte aos esforzos de Dell Hymes, antigo colega en Berkeley.[14] En 1969 entrou como membro da American Academy of Arts and Sciences[15] e en 1970 cofundou a American Association for the Abolition of Involuntary Mental Hospitalization[16] e coescribiu o seu Platform Statement.[17] En 1971 publicou Relations in Public, en que ligaba moitas das súas ideas sobre a vida cotiá, vista dende unha perspectiva sociolóxica.[9] Outra das súas grandes obras, Frame Analysis, apareceu en 1974.[9] Recibiu unha Guggenheim Fellowship en 1977–78.[8] En 1979, recibiu a Medalla Cooley-Mead for Distinguished Scholarship, da sección de psicoloxía social da American Sociological Association.[18] Foi elixido presidente a American Sociological Association, actuando como tal en 1981–82; porén, foi incapaz de desenvolver o traballo na presidencia en persoa debido á súa progresiva enfermidade.[9][19]

Postumamente, en 1983, recibiu o premio Mead da Society for the Study of Symbolic Interaction.[20]

Obras seleccionadas

  • 1959: The Presentation of Self in Everyday Life. University of Edinburgh Social Sciences Research Centre. ISBN 978-0-14-013571-8. Anchor Books edition
  • 1961: Asylums: Essays on the Social Situation of Mental Patients and Other Inmates. Nova York, Doubleday. ISBN 978-0-14-013739-2
  • 1961: Encounters: Two Studies in the Sociology of Interaction – Fun in Games & Role Distance. Indianapolis, Bobbs-Merrill.
  • 1963: Behavior in Public Places: Notes on the Social Organization of Gatherings. The Free Press. ISBN 978-0-02-911940-2
  • 1963: Stigma: Notes on the Management of Spoiled Identity. Prentice-Hall. ISBN 978-0-671-62244-2
  • 1967: Interaction Ritual: Essays on Face-to-Face Behavior. Anchor Books. ISBN 978-0-394-70631-3
  • 1969: Strategic Interaction. Filadelfia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-345-02804-4
  • 1969: Where the action is. Allen Lane. ISBN 978-0-7139-0079-8
  • 1971: Relations in Public: Microstudies of the Public Order. Nova York: Basic Books. ISBN 978-0-06-131957-0 (includes discussion of "Tie Signs")
  • 1974: Frame analysis: An essay on the organization of experience. Londres: Harper and Row. ISBN 978-0-06-090372-5
  • 1979: Gender Advertisements. Macmillan. ISBN 978-0-06-132076-7
  • 1981: Forms of Talk. Filadelfia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-7790-6

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas