Entre bateas

Entre bateas é un filme dirixido por Jorge Coira e estreado en 2002. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos.

Entre bateas
Ficha técnica
Título orixinalEntre bateas
DirectorJorge Coira
ProdutorKoldo Anasagasti
Marco Meere
Roberto Sinde
GuiónRamón Campos
Carlos Portela
IntérpretesMiguel de Lira
Pepo Suevos
Nekane Fernández
Luísa Merelas
Xosé Manuel Olveira "Pico"
Julián Rodríguez
Álvaro Caneda
Tamara Canosa
Xulio Abonjo
Marcos Orsi
MúsicaPiti Sanz
FotografíaChechu Graff
EstudioContinental TV
DistribuidoraBiblos Clube de Lectores
FORTA
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
La Voz de Galicia
Estrea2002
Duración83 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama e suspense
Orzamento€ 27.045 (importe subvención)[1]
Na rede
IMDB: tt0348601 Filmaffinity: 653085 Editar o valor em Wikidata

Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego no ano 2002, recibindo os galardóns á mellor película de TV e o premio do público. Gañou as categorías da mellor dirección e montaxe (Jorge Coira), actriz secundaria (Rosa Álvarez), maquillaxe e peiteado (Eva Fontenla e Trini Fernández), son, banda sonora (Piti Sanz), dirección artística (Marta Villar), dirección de produción (Roberto Sinde).

Sinopse

O filme narra o conflito que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller -que o abandona farta do seu oficio de contrabadista de tabaco- e os conflitos entre as redes de narcotraficantes.[2]

Personaxes

Galardóns e nomeamentos

AnoCategoríaReceptorResultado
2002Mellor directorJorge CoiraGañador
Mellor actorMiguel de LiraNomeado
Mellor actorPepo SuevosNomeado
Mellor actrizNekane FernándezNomeado
Mellor actor secundarioXosé Manuel Olveira "Pico"Nomeado
Mellor actriz secundariaRosa ÁlvarezGañador
Mellor actriz secundariaLuísa MerelasNomeado
Mellor guiónCarlos Ares, Xosé Castro, Andrés Mahía, Raúl Dans, Daniel Domínguez e Chema GaginoGañador
Mellor realizadorChema FernándezGañador
Mellor filme de televisiónCosta Oeste – FORTAGañador
Mellor dirección de produciónRoberto SindeGañador
Mellor dirección artísticaMarta VillarGañador
Mellor montaxeJorge Coira e Guillermo RepresaGañador
Mellor banda sonoraPiti SanzGañador
Mellor sonClaudio CanedoGañador
Mellor maquillaxe e peiteadoEva Fontenla e Trini FernándezGañador

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas