Enterotoxina

Unha enterotoxina é unha exotoxina proteica liberada por un microorganismo que afecta os intestinos.[1]

Enterotoxina Staph/Strep, C terminal
identificación dun sitio de unión ao cinc na enterotoxina estafilocócica c2: implicacións para o recoñecemento de superantíxenos
Identificadores
SímboloStap_Strp_tox_C
PfamPF02876
Pfam clanCL0386
InterProIPR006123
PROSITEPDOC00250
SCOPe1se3 / SUPFAM
OPM superfamily364
OPM protein1dyq

As enterotoxinas son exotoxinas codificadas no cromosoma ou en plásmidos[2] que producen e segregan varios organismos bacterianos. Son termolábiles (>60⁰), de baixo peso molecular e hidrosolubles. As enterotoxinas son con frecuencia citotóxicas e matan as células ao alteraren a permeabilidade da membrana apical das células epiteliais das mucosas das paredes intestinais. Son principalmente toxinas formadoras de poros (maiormente poros de cloruros), segregados por bacterias, que se ensamblan para formar poros na membrana plasmática. Isto causa que a célula morra.

Importancia clínica

As enterotoxinas teñen un efecto especialmente marcado sobre o tracto gastrointestinal, causando a diarrea do viaxeiro e intoxicacións alimentarias. A acción das enterotoxinas leva a un incremento na permeabilidade para o ión cloruro na membrana apical das células da mucosa intestinal. Estes poros de membrana actívanse por un incremento de AMPc ou tamén por un aumento da concentración de ión calcio intracelular. A formación de poros ten un efecto directo sobre a osmolaridade dos contidos luminais dos intestinos. O incremento da permeabilidade dos cloruros orixina o vertido no lume intestinal de cloruro seguido de sodio e movemento de auga. Isto causa unha diarrea secretora poucas horas despois de ter inxerido a enterotoxina. Varios organismos microbianos conteñen as enterotoxinas necesarias para xerar este efecto, como por exemplo Staphylococcus aureus e Escherichia coli.[3]

O fármaco linaclotide, usado para tratar algunhas formas de estrinximento, está baseado no mecanismo das enterotoxinas.[3]

Clasificación e estruturas 3D

Bacterianas

As enterotoxinas poden formalas patóxenos bacterianos como Staphylococcus aureus e Bacillus cereus, que poden causar a intoxicación alimentaria estafilocócica e a doenza diarreica por Bacillus cereus, respectivamente. As enterotoxinas estafilocócicas e exotoxinas estreptocócicas constitúen unha familia de superantíxenos piroxénicos relacionados estruturalmente e bioloxicamente.[4] Idenificáronse ata agora 25 enterotoxinas estafilocócicas (SEs), principalmente producidas por Staphylococcus aureus, que se nomean alfabeticamente (SEA - SEZ).[5] Suxeriuse que outros estafilococos distintos de S. aureus poden contribuír ás intoxicacións alimentarias estafilocócicas ao formaren enterotoxinas.[6] As exotoxinas estreptocócicas prodúceas Streptococcus pyogenes.[7][8] Estas toxinas comparten a capacidade de unirse ás proteínas do complexo maior de histocompatibilidade dos seus hóspedes. Un parente máis distante desta familia é a toxina da síndrome de choque tóxico-1 de S. aureus , que soamente comparte un baixo nivel de similitude de secuencia con este grupo.

Todas estas toxinas comparten un pregamento proteico de dous dominios similar (dominios N e C-terminais) cunha longa hélice alfa no medio da molécula, un caracterítico barril beta coñecido como o "pregamento oligosacárido/oligonucleótido" no dominio N-terminal e un motivo de agarre beta no dominio C-terminal. Un exemplo é a enterotoxina estafilocócica B. Cada superantíxeno posúe modos de unión lixeiramente diferentes cando interacciona con moléculas do MHC de clase II ou co receptor de células T.[9]

O dominio de agarre beta (beta-grasp) ten algunhas semellanzas estruturais co motivo de agarre beta presente nos dominios de inmunoglobulinas, na ubiquitina, ferredoxina 2Fe-2S e factor de iniciación 3 da tradución, como se identificou na base de datos SCOP.

Exemplos de bacterias con enterotoxinas:

Víricas

Os virus das familias Reoviridae, Caliciviridae e Astroviridae son os responsables dunha enorme porcentaxe de doenzas gastrointestinais en todo o mundo. Os rotavirus (da familia Reoviridae) conteñen unha enterotoxina que desempeña un papel na patoxénese viral. A NSP4, é unha proteína que se produce durante a fase intracelular do ciclo de vida do virión e sábese que ten unha función principal na maduración dos virións intracelulares.[13] Porén, cando se purificaba a NSP4 dos rotavirus do grupo A (comprobáronse 4 alelos), se concentrba e inxectaba nun modelo de ratos, a doenza diarreica era semellante á causada polo comezo da infección por rotavirus.[14] Un modo aparente de explicar a toxicidade é que a NSP4 activa unha vía de transdución de sinais, o que finalmente ten como resultado un incremento na concentración celular de calcio e seguidamente a secreción de cloruros pola célula.[15] A secreción de ións desde as vilosidades que tapizan o intestino altera as presións osmóticas normais e impide a captación de auga, causando a diarrea.

Notas

Véxase tamén

Outroa artigos

Ligazóns externas

Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR006123