Entactina

PDB 1gl4
Entactina
Identificadores
SímboloNID1
Símbolos alt.NID
Entrez4811
OMIM

131390

PDB1NDX
RefSeqNP_002499
UniProtP14543
Outros datos
LocusCr. 1 236.14 – 236.23 Mb

A entactina, tamén chamada nidóxeno-1 (NID-1), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene NID1 do cromosoma 1.[1][2] A entactina é un compoñente da membrana basal xunto con outros compoñentes como o coláxeno tipo IV, proteoglicanos (heparán sulfato e glicosaminoglicanos), laminina[3] e fibronectina.[4]

Función

A entactina é un membro da familia do nidóxeno de glicoproteínas da membrana basal. A proteína interacciona con outros compoñentes da membrana basal. Esruturalmente esta proteína (xunto co perlecán) conecta entre si as redes formadas polos coláxenos e as lamininas.[5] Tamén pode exercer un papel nas interaccións da célula coa matriz extracelular.[6][7]

Interaccións

A entactina interacciona con FBLN1.[8][9][10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Chung AE, Durkin ME (1990). "Entactin: structure and function.". Am. J. Respir. Cell Mol. Biol. 3 (4): 275–82. PMID 2119632. doi:10.1165/ajrcmb/3.4.275. 
  • Yurchenco PD, Schittny JC (1990). "Molecular architecture of basement membranes.". FASEB J. 4 (6): 1577–90. PMID 2180767. 

Ligazóns externas