Enrique Pérez Losada
Enrique Pérez Losada, nado no Saviñao o 24 de xuño de 1930, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1930 (94 anos) O Saviñao, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Ramón Pérez Vispo |
Traxectoria
Fillo de Ramón Pérez Vispo, republicano perseguido por militar no PSOE e na UGT. Coa morte do ditador afiliouse ao PSOE. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía do Saviñao e foi elixido alcalde co apoio do concelleiro do BN-PG. Nas municipais de 1983 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 a pesar de gañar as eleccións, non obtivo a maioría absoluta e os concelleiros do PPdeG, para evitar a súa reelección, votaron polo concelleiro nacionalista Xosé Manuel Rodríguez Martínez, que resultou elixido alcalde. Continuou encabezando a lista socialista ata 1999 e en 2001 deixou o cargo de concelleiro e a actividade política. Foi presidente do Círculo Saviñao.
Predecesor: ? | Alcalde do Saviñao 1979 - 1987 | Sucesor: Xosé Manuel Rodríguez Martínez |