Enrique Eymar Fernández

militar español

Enrique Eymar Fernández, nado en Toledo o 14 de maio de 1885 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1967,[1] foi un militar español. Exerceu de xuíz militar no xulgado Militar Especial para os Delitos de Espionaxe, Masonería e Comunismo durante a ditadura de Francisco Franco. Encargado dos interrogatorios, e das sentenzas a morte de diferentes militantes antifranquistas.[2][3], en aplicación entre outras da Lei de Responsabilidades Políticas de 1939 e a Lei de Represión da Masonería e o Comunismo, de 1940.[4] No seu cargo foi un dos primeiros coordinadores do Estado na loita contra ETA.[5]

Infotaula de personaEnrique Eymar Fernández
Biografía
Nacemento14 de maio de 1885 Editar o valor em Wikidata
Toledo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaFranquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexamining magistrate (en) Traducir (1940–1964), deputy managing director (en) Traducir (1929–1939), militar (–1929) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeMonarquía Española, Segunda República Española e ditadura Editar o valor em Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

En 1936 era tenente coronel do corpo de Inválidos a causa dunha ferida de guerra en Marrocos en 1929, pasou o período de guerra a cargo do Museo do Exército en Madrid como subdirector. En 1939 adheriuse ao Movimiento e foi ascendido a coronel, pasando a ser Cabaleiro Mutilado de Guerra pola Patria. Inicialmente participou como xuíz en diversos xuízos a prisioneiros de guerra. O 12 de decembro de 1947 foi o encargado de instruír a causa 140.109 do Consello de Guerra que condenou a catorce membros destacados da FUE a penas de entre un e oito anos de reclusión. Entre os acusados estaba Nicolás Sánchez Albornoz, fillo de Claudio Sánchez Albornoz.[6] En 1958 fíxose cargo do Xulgado Militar Especial Nacional de Actividades Extremistas onde permaneceu ata 1964 cando se creou o Tribunal de Orde Pública (TOP).[4] Este tribunal tiña xurisdición en todo o territorio nacional. As súas atribucións na xustiza levárono a conseguir o apelativo de "coronel inquisidor".[4]

Notas