Sistema endócrino

(Redirección desde «Endócrino»)

O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan:

  • Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.
  • Rexer o transporte de substancias a través das membranas das células.
  • Regular o equilibrio (homeostase) do organismo.
Principais glándulas endócrinas. (Masculinas na esquerda, femininas na dereita.) 1. Glándula pineal 2. Hipófise 3. Tiroide 4. Timo 5. Glándula suprarrenal 6. Páncreas 7. Ovario 8. Testículo

Características

  • Toman como vía de distribución o sangue.
  • Mantén os seus efectos durante bastante tempo.
  • O tempo que tardan en actuar é longo.

Hormona e feromona

Hormonas

Artigo principal: Hormona.

Son substancias que fan efecto sobre o animal que as produce.

Feromonas

Artigo principal: Feromona.

Son substancias que fan efecto sobre outros animais da mesma especie do individuo que o produce.

Órganos endócrinos e hormonas producidas

Hormona secretadaAbreviaturaProducida porEfectos
Hormona liberadora da tirotropina
(hormona liberadora de prolactina)
TRH ou TSHRHNeuronas neurosecretoras parvocelularesEstimula a liberación de hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise (principalmente)
Estimula a liberación de prolactina da adenohipófise
Dopamina
(hormona inhibidora de prolactina)
DANeuronas produtoras de dopamina do núcleo arcuatoInhibe a liberación de prolactina da adenohipófise
Hormona liberadora de somatotropina (somatocrinina)GHRHCélulas neuroendocrinas do núcleo arcuatoEstimula a liberación de hormona do crecemento (GH) da adenohipófise
Somatostatina
(hormona inhibidora da hormona de crecemento)
GHIHCélulas neuroendocrinas do núcleo periventricularInhibe a liberación da hormona de crecemento (GH)] da adenohipófise
Inhibe a liberación da hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise
Hormona liberadora da gonadotropinaGnRH ou LHRHCélulas neuroendocrinas do área preópticaEstimula a liberación de hormona foliculoestimulante (FSH) da adenohipófise
Estimula a liberación da hormona luteinizante (LH) da adenohipófise
Hormona liberadora da corticotropinaCRH ou CRFNeuronas neurosecretoras parvocelularesEstimula a liberación de hormona adrenocorticotropa (ACTH) da adenohipófise
OxitocinaCélulas neurosecretoras magnocelularesContracción uterina
Lactación materna
Vasopresina
(hormona antidiurética)
ADH ou AVPNeuronas neurosecretoras parvocelularesIncrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo
Hormona secretadaCélulas que a orixinanEfectos
Melatonina (Principalmente)PinealocitosAntioxidante
Encargada do ritmo circadiano incluíndo a somnolencia
DimetiltriptaminaEspecúlase un papel nos soños e experiencias místicas

Glándula hipófise (pituitaria)

Adenohipófise (hipófise anterior)
Hormona secretadaAbreviaturaCélulas secretorasEfectos
Hormona do crecemento
(somatotropina)
GHSomatotropasEstimula o crecemento e a reprodución celular
Estimula a liberación do factor de crecemento insulínico tipo 1 secretado polo fígado
Hormona estimulante da tiroide
(tirotropina)
TSHTirotropasEstimula a síntese de tiroxina (T4) e triiodotironina (T3) e liberación dende a glándula tiroide
Estimula a absorción de iodo por parte da glándula tiroide
Hormona adrenocorticotropica
(corticotropina)
ACTHCorticotropasEstimula a síntese e liberación de corticosteroides (glicocorticoides e mineralocorticoides) e andróxenos por parte da codia adrenal
Hormona foliculoestimulanteFSHGonadotropasEn femias: estimula a maduración dos folículos ováricos
En machos: estimula a maduración dos túbulos seminiferos
En machos: estimula a espermatoxénese
En machos: estimula a produción de proteínas ligadoras de andróxenos nas células de Sertoli nos testículos
Hormona luteinizanteLHGonadotropasEn femias: estimulan a ovulación
En femias: estimula a formación do corpo lúteo
En machos: estimula a síntese de testosterona por parte das células de Leydig
ProlactinaPRLLactotropas e mamotropasEstimula a síntese de liberación de leite dende a glándula mamaria
Media o orgasmo
Neurohipófise (hipófise posterior)
Hormona secretadaAbreviaturaCélulas que a orixinanEfectos
OxitocinaCélulas neurosecretoras magnocelularesContracción uterina
Lactación materna
Vasopresina
(hormona antidiurética)
ADH o AVPNeuronas neurosecretoras parvocelularesIncrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo

A oxitocina e vasopresina non son secretadas na neurohipófise, só son almacenadas.

Hipófise media (pars intermedia)
Hormona secretadaAbreviaturaCélulas que a orixinanEfectos
Hormona estimulante de melanocitosMSHMelanotropasEstimula a síntese e liberación de melanina aos melanocitos da pel e o pelo
Hormona secretadaAbreviaturaCélulas que a orixinanEfectos
TriiodotironinaT3Células epiteliais da tiroide(Forma máis potente de hormona tiroide)
Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal
Estimula o ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica
Tiroxina
(tetrayodotironina)
T4Células epiteliais da tiroide(Forma menos activa de hormona tiroide)
(Actúa como unha prohormona para orixinar triiodotironina)
Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal
Estimula a ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica
CalcitoninaCélulas parafolicularesEstimula os osteoblastos e a construción ósea
Inhibe a liberación de Ca2+ do óso, reducindo desa forma o Ca2+ sanguíneo

Sistema dixestivo

Hormona secretadaAbreviaturaCélulas secretorasEfectos
Gastrina (principalmente)Células GSecreción de ácido gástrico polas células parietais
GhrelinaCélulas P/D1Estimula o apetito, a secreción de somatotropina da adenohipófise
Neuropéptido YNPYincrementa a inxesta de alimentos e diminúe a actividade física
SomatostatinaCélulas deltaSuprime a liberación de gastrina, colecistoquinina (CCK), secretina, motilina, péptido intestinal vasoactivo (VIP), polipéptido intestinal gástrico (GIP), enteroglicagón. A baixa taxa de baleiramento gástrico reduce as contraccións do músculo liso e fluxo sanguíneo dentro do intestino[1]
HistaminaCélulas ECLEstimula a secreción de ácido gástrico
EndotelinaCélulas XContracción do músculo liso estomacal[2]
Hormona secretadaCélulas secretorasEfectos
SecretinaCélulas SSecreción de bicarbonato dende o fígado, páncreas e as glándulas de Brunner duodenais.

Incrementa o efecto da colecistoquinina.

Suspende a produción de zume gástrico.

ColecistoquininaCélulas ILiberación de enzimas dixestivas dende o páncreas

Liberación de bile dende a vesícula biliar

Supresión da fame

Hormona secretadaAbreviaturaCélulas secretorasEfectos
Factor de crecemento insulínico (ou somatomedinas) (Principalmente)IGFHepatocitosEfecto reguladores semellantes á insulina que modulan o crecemento celular e crecemento corporal
Anxiotensinóxeno e anxiotensinaHepatocitosvasoconstrición

Liberación de aldosterona dende a codia suprarrenal dipsóxeno

TrombopoetinaHepatocitosEestimula a produción de plaquetas por parte dos megacariocitos[3]

Notas

Véxase tamén