Encoro de Belesar

pantano artificial do río Miño

7°42′45″O / 42.6288888889, -7.7125

O encoro de Belesar é unha presa artificial creada en 1963 no río Miño (a máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.

Encoro de Belesar
Localización administrativa
EstadoEspaña
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaRío Miño
Características
Superficie2.000 hectáreas
Profundiade máxima135 m
Capacidade654,5 hm³
Outros datos
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaLugo
ConcellosTaboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín
Tipo e usopantano artificial
central hidroeléctrica

A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Construción

Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. A presa é obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto Juan Castañón de Mena.No encoro traballaron forzados presos políticos, que vivían en condicións moi duras. Polos terreos expropiados para a súa construción pagáronse prezos moi baixos[1] .

A construción do encoro supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición do Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización. Outros lugares habitados desapareceron tamén baixo as augas do encoro, como Mourulle, Pincelo, Abeledo ou Portomeñe.

Notas

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas