Enciclopedia Universal Micronet

A Enciclopedia Universal Micronet é unha enciclopedia en castelán, de temática universal, en soporte dixital (DVD) para sistemas operativos Windows, editada pola compañía española de software Micronet.

A Sibila Délfica, fresco de Miguel Ángel na Capela Sistina, é a imaxe da portada da Enciclopedia Universal Micronet.

Descrición

Publicada dende 1995, acadou a 23ª edición (agosto de 2012) con máis de 185.000 artigos.[1] Valorada pola prensa especializada como unha das mellores enciclopedias multimedia editadas en castelán,[2] o equipo editorial está composto por máis de 600 especialistas.

Está organizada en canles temáticos de Arte e Literatura, Ciencias da vida, Ciencia e Tecnoloxía, Deportes e Tempo Libre, Humanidades, e Sociedade. Inclúe dicionario, efemérides, anuario e atlas anatómico.[3]

Contén 53.000 biografías, 100.000 artigos científicos, técnicos, de arte e humanidades, 15.000 imaxes, 25.000 termos xeográficos, 1.700 arquivos sonoros e 400 vídeos e animacións interactivas.[4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas