Elizabeth Blackwell
Elizabeth Blackwell, nada en Bristol o 3 de febreiro de 1821 e finada en Hastings o 31 de maio de 1910, foi unha médica inglesa, a primeira muller en practicar a medicina nos tempos modernos.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1821 Bristol (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) |
Morte | 31 de maio de 1910 (89 anos) Hastings (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) |
Lugar de sepultura | Kilmun (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Educación | Bedford College (en) Geneva Medical College (en) State University of New York Upstate Medical University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio |
Ocupación | médica , activista polos dereitos das mulleres , Activista polos dereitos humanos , ensaísta , escritor médico , escritora |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Familia | Blackwell family (en) |
Pais | Samuel Blackwell (en) e Hannah Blackwell (en) |
Irmáns | Emily Blackwell (pt) , Henry Browne Blackwell (en) e Anna Blackwell (en) |
Premios
| |
Traxectoria
Foi filla dun empresario refinador de azucre que afrontou dar ós seus numerosos fillos e fillas unha educación. No 1831, a familia emigrou ós Estados Unidos e montou unha refinaría en Nova York. Trala morte do pai, adicouse á ensinanza. Querendo dedicarse á práctica de Medicina, exerceu na casa dun médico, e usou o seu tempo libre no estudo dos libros dos que dispoñía. Participou no movemento anti-escravista.
Blackwell tentou a entrada en varios centros médicos punteiros, e foi rexeitada. Intentouno de novo en centros menos resaltantes, incluído o Geneva College en Nova Yok. Alí foi aceptada – como anécdota, porque a facultade deixou a decisión no voto dos estudantes – e venceu o prexuízo dalgúns profesores e estudantes para completar a súa formación. Foi a primeira da súa promoción. O 23 de xaneiro de 1849, converteuse na primeira muller que obtivo o título para a práctica da Medicina nos Estados Unidos.[2]
Impedida de exercer en varios hospitais, fundou o seu propio hospital, o Hospital de Nova York para mulleres e nenos indixentes (New York Infirmary for Indigent Women and Children) no 1857. Cando comezou a Guerra Civil americana, formou enfermeiras, e no 1868 fundou o Colexio Médico de Mulleres (Women's Medical College at the Infirmary) co fin de formar mulleres en Medicina.[3]
No 1869 deixou a súa irmá Emily ó coidado do Colexio e volveu a Inglaterra. En 1871 axudou a crear a Sociedade Nacional de Saúde, centrada na hixiene e a educación.[4] Logo, abriu o Colexio Médico de Mulleres. Blackwell ensinou na Escola Londiniense de Medicina para Mulleres ( London School of Medicine for Women), creada por un grupo de mulleres liderado por Sophia Jex- Blake [5], desde 1875 ata a súa xubilación en 1907, e converteuse na primeira muller no Rexistro Médico do Reino Unido.[6] Retirouse á idade de 86 anos.
A súa guía de educación sexual, A Educación Moral dos Mozos, foi publicada en Gran Bretaña, así como a súa autobiografía, Traballo Pioneiro na Apertura da Profesión Médica para Mulleres (Pioneer Work in Opening the Medical Profession to Women, 1895).[2] Á súa morte, foi incinerada nun lugar remoto de Escocia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
- Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0
Outros artigos
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)