Elateroideos
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Elateroidea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Denticollis linearis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
De 15 a 20, ver texto |
Os elateroideos (Elateroidea) son unha grande superfamilia de escaravellos. Comprende os frecuentes elatéridos, lampíridos e cantáridos e os seus parentes. Consta dunhas 25 000 especies.[1]
A superfamilia Elateroidea é un grupo morfoloxicamente diverso, que inclúe escaravellos de corpo duro con 5 ventritas abdominais, outros de corpo mol con 7-8 ventritas conectadas con membranas (antes coñecidos como cantaroides), e outros con formas intermedias.[2] Teñen unha gama de tamaños e cores ampla, pero en canto á forma, adoitan ser estreitos e de lados paralelos cando son adultos.[3]
Moitos dos elateroideos esclerotizados (Cerophytidae, Eucnemidae, Throscidae, Elateridae) teñen un mecanismo de clic de resorte.[4] Este é un gancho no protórax que encaixa nunha cavidade no mesotórax. Cando un destes escaravellos dobra o seu corpo, o gancho péchase na cavidade e pode despois soltarse, causando que o corpo do escaravello se endereite supetamente e choute no aire.[5]
A maioría dos escaravellos con capacidade de bioluminescencia están incluídos nos Elateroidea, nas familias Lampyridae (~2000 especies), Phengodidae (~200 especies), Rhagophthalmidae (100 especies) e Elateridae (>100 especies).[4]
As femias de varias liñaxes, incluíndo Lycidae, Lampyridae, Phengogidae e Rhagophthalmidae, non pupan e permanecen en forma larvaria. Esta característica crese que evolucionou independentemente polo menos tres veces dentro desta superfamilia.[6]
Algúns Elateroidea, incluíndo especies de Cantharidae[7] e Lycidae,[8] teñen rechamantes cores aposemáticas para sinalar aos predadores que son velenosas e non se deberían comer.
A validez e relacións dalgunhas familias, como Podabrocephalidae non están totalmente resoltas. A familia Rhinorhipidae foi recentemente sacada de elateroideos para formar a súa propia superfamilia, con probas de que é un taxon basal dentro de Elateriformia que data do Triásico superior/Xurásico inferior cando se separou doutras liñaxes de escaravellos existentes.[9]
Algunhas análises filoxenéticas morfolóxicas e moleculares atorparon que Byrrhoidea é un grupo monofilético ou parafilético estreitamente relacionado con Elateroidea.[11]
Baseado en Kusy et al. 2018[12] e 2020[4]
Elateroidea |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||