Eladio Rodríguez González

lexicógrafo, xornalista e escritor galego

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio (Leiro) o 24 de xullo de 1864 [1] e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente. No ano 2001 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Infotaula de personaEladio Rodríguez González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1864 Editar o valor em Wikidata
San Clodio, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Real Academia Galega
19 de xuño de 1944 – 15 de outubro de 1944
← Manuel Casás FernándezManuel Casás Fernández →
Presidente da Real Academia Galega
20 de novembro de 1926 – 3 de abril de 1934
← Francisco Ponte BlancoManuel Lugrís Freire → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLiga Gallega Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosJulio Rodríguez Yordi Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1093733 Dialnet: 3412718

Traxectoria

Foi fillo dun labrego, Camilo, e unha costureira, Agustina, solteira, que tiveron outros tres fillos: Emilio (que morreu novo), Petra e Matilde. Con sete anos de idade, a nai mandoulle a vivir cun irmán seu na Coruña porque "o neno non serve pra o campo, o neno é de letras", pero volveu pronto ao seu lugar de nacemento, onde traballou de mestre -sen titulación- no convento de San Clodio.

Casa natal en San Clodio, Leiro.

En 1886 escribiu a súa primeira poesía coñecida, A noite de San Xoán, coa que conseguiu un accésit no "Certame gallego literario-musical", celebrado en Pontevedra. Nese mesmo ano publicou outros traballos en revistas como O Galiciano (semanario de Pontevedra que convocara eses xogos florais [2]), O Tio Marcos d'a Portela (Ourense [3]) e Galicia Moderna (editada en Cuba [4]). En 1887 participou noutros xogos florais convocados en Betanzos e conseguiu tres premios [5]; no mesmo ano publicou nas revistas Galicia. Revista Regional (A Coruña) e A Gaita Gallega (Cuba [6]).

Eladio Rodríguez en 1904.

De volta na Coruña (1888) comezou a traballar como escribán temporal no concello da Coruña, no que traballou ata a súa xubilación en 1937) como Oficial Maior, aínda que sempre compaxinou este traballo co xornalismo, a lexicografía e a poesía. Froito desta dedicación foron a dirección do xornal La Mañana e continuas colaboracións nas revistas galegas e da emigración da época, como Galicia Humorística (Santiago), El Eco de Galicia (Cuba), A Monteira (Lugo) etc.

Consello de redacción da Revista Gallega, Eladio Rodríguez é o da dereita de todo.

O 28 de marzo de 1891 casou coa coruñesa Josefa Benigna Evarista Yordi Visier, coa que tivo sete fillos: Luís Galo, Arturo, Eladio, Julio, María, Adela e Mercedes. O mesmo ano conseguiu o Premio de Honor nos xogos florais de Tui polo seu poema "Desperta" [7].

En 1894 publicou o seu primeiro libro de poemas, Folerpas, con obras premiadas nos certames literarios nos que se tiña presentado.

O ano 1895 naceu a Revista Gallega, na imprenta de Uxío Carré Aldao, con Eladio Rodríguez como membro da redacción. Constituída como órgano de expresión da Cova Céltica, da que nacerá dez anos despois a Real Academia Galega, Eladio Rodríguez participou nos faladoiros da librería xunto con Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Salvador Golpe, Francisco Tettamancy, Galo Salinas, Manuel Lugrís Freire e, ocasionalmente, Emilia Pardo Bazán. O 22 de setembro dese mesmo ano, os membros da Cova Céltica constituíron a Liga Gallega [8] allea a calquera partido político e co único obxectivo de loitar polos intereses de Galicia. A partir do 14 de novembro de 1897, a Revista Gallega proclamábase Órgano oficial de la Liga Gallega en La Coruña. Eladio Rodríguez foi nomeado bibliotecario da "Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos", máis coñecida como "Círculo de Artesanos da Coruña"; como bibliotecario desta organización, elaborou un "Catálogo de las obras científicas, literarias y musicales" da institución, con máis de 3.300 obras (publicado en 1901 e ampliado en 1907).

Foi un dos socios fundadores da Asociación da Prensa da Coruña en 1904, da cal foi tamén presidente.

De pé, de esquerda a dereita, Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González. Sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar, na Coruña, en outubro de 1904.

En 1905 participou como socio fundador da Real Academia Galega, con Murguía como Presidente. Eladio foi o seu secretario desde 1920 a 1926, e o seu presidente desde esta data ata 1934, ano en que dimitiu por razóns de saúde.

Continuou colaborando con revistas literarias e galeguistas [9], como A Nosa Terra [10], Solidaridad Gallega, Suevia (Buenos Aires), El Compostelano (Santiago [11]) ou o suplemento literario que El Noroeste comezou a publicar en 1918 [12]. No Boletín da Real Academia Galega publicou numerosos ensaios.

En 1916 participou na fundación da Irmandade dos Amigos da Fala (Irmandades da Fala), promovidas por Antón Villar Ponte [13]

En 1917 participou na fundación do coro Cántigas da Terra, que chegou a presidir e para o que escribiu un poema co mesmo título "Cántigas da Terra". En 1918 gañou o primeiro premio da Festa da Poesía e da Música da cidade de Lugo, con "Alma de raza", e o premio especial e extraordinario con "¡Malpocado!".

En 1920, xa secretario da Real Academia Galega, respondeu ó discurso de ingreso de Ramón Cabanillas; en 1926 respondeu igualmente ó discurso de ingreso de Fernando Martínez Morás. En 1922 publicouse o seu segundo libro, Raza e terra [14]. En 1924 gañou co poema "Oraciós campesiñas" o premio de honor na Festa da Língoa Galega, en Santiago.

Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG.

O 20 de novembro de 1926 resultou elixido por unanimidade como presidente da Real Academia Galega, para suceder a Francisco Ponte Blanco, cargo que ocupou ata o 4 de marzo de 1934, ano en que foi sucedido por Manuel Lugrís [15]. Por este cargo, colaborou na comisión redactora do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía en 1932.

En 1927 publicou Oraciós campesiñas [16], foi nomeado académico correspondente da Sección Gallega da Real Academia Española e membro do Instituto Histórico do Minho (Portugal). Tamén ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

Enfermo desde 1934, renunciou á presidencia da Academia e foi reducindo as súas colaboracións literarias. Finalmente, morreu na Coruña o 14 de abril de 1949 e recibiu sepultura no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2001.

Obras

Poesía

  • Folerpas. Poesías gallegas (A Coruña: Andrés Martínez Salazar, 1894)
  • Raza e terra (Ferrol: Céltiga, 1922)
  • Oraciós campesiñas (A Coruña: Lit. e Imp. Roel, 1927)

Prosa

  • La Ultima broma, con Alfredo de la Fuente (A Coruña, 1897).[17]

Diccionario enciclopédico gallego-castellano

Fóra de toda dúbida, a obra máis coñecida de Eladio Rodríguez foi o seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, considerado o máis importante ata a aparición dos dicionarios monolingües [18] e fonte principal dos dicionarios modernos da lingua galega.

Aínda que se anunciou a súa publicación en 1928 e 1933, non foi posible levalo ó prelo ata 1958, case 20 anos despois da morte do autor.

De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.[19]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
Francisco Ponte Blanco
 
Presidente da RAG
 
1926 - 1934
Sucesor:
Manuel Lugrís Freire