El agente topo

filme de 2020 dirixido por Maite Alberdi

El agente topo é un filme de 2020 dirixido por Maite Alberdi[2] e coproducido entre Chile, os Estados Unidos, Alemaña, os Países Baixos e España. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance na sección "World Cinema Documentary".[3] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[4] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.

El agente topo
Ficha técnica
Título orixinalEl agente topo
DirectorMaite Alberdi
ProdutorMarcela Santibañez
GuiónMaite Alberdi
FotografíaPablo Valdés
MontaxeCarolina Siraqyan
Estudio
  • Tribeca Film Institute
  • Sundance Institute
  • ITVS
  • Micromundo Productions
  • Motto Pictures
  • Sutor Kolonko
  • Voyla Films
  • Malvalanda
  • SWR
Distribuidora
  • Gravitas Ventures
  • Cinema Delicatessen
EstreaFestival de Sundance: 25 de xaneiro de 2020
Duración84 minutos
Orixe Chile
Estados Unidos de América Estados Unidos
Alemaña Alemaña
Países Baixos Países Baixos
España España
XéneroDocumental
Recadación44 450 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt11394298 Filmaffinity: 330011 Rottentomatoes: m/the_mole_agent Editar o valor em Wikidata

Foi candidato ao Goya ó mellor filme estranxeiro de fala hispana, aos Independent Spirit ao mellor documental e ao Óscar ao mellor documental.[5][6][7] Gañou o premio Ariel como mellor filme iberoamericano e o premio Platino como mellor filme documental.[8][9]

Sinopse

Rómulo Aitken é un detective que ten unha empresa de investigacións privadas. Unha clienta encárgalle investigar a residencia de anciáns onde vive a súa nai pensando que pode ser maltratada. Rómulo adestra a Sergio Chamy, un home de 83 anos que xamais traballou como detective para vivir tres meses infiltrado na residencia.[10][11]

Produción

Tras recibir fondos do Consejo Nacional de Televisión, do Ministerio das Culturas, das Artes e do Patrimonio e da CORFO, o documental completou o seu financiamento coas cadeas IPBS dos Estados Unidos e SWR de Alemaña e o IDFA Bertha Fund dos Países Baixos, ademais dos coprodutores españois.[12]

As personaxes son os residentes do fogar San Francisco en El Monte (Rexión Metropolitana de Santiago), e o filme adaptouse a eles máis que eles ao proxecto. Por exemplo, incluíuse o falecemento dunha residente que ocorreu durante a rodaxe e a aprendizaxe real de WhatsApp por parte do axente.[13]

A esixencia de mesturar aspectos documentais e ficticios implicou a realización dun gran número de planos, e a rodaxe de escenas durou ata seis horas. As escenas montábanse pola noite en determinados espazos, como o comedor, que o equipo de filmación non podía empregar durante o día.[13]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas