El Dorado

Lenda de América do Sur

El Dorado é un reino ou cidade lendario, que supostamente se atopa no territorio do antigo Vicerreinado de Nova Granada, nunha zona onde se cría que existían abondosas minas de ouro.[1] A lenda orixinouse no século XVI, en Quito (Ecuador), cando os conquistadores españois teñen novas dunha cerimonia realizada máis ó norte (Altiplano Cundiboyacense), onde un rei se cubría o corpo con po de ouro e realizaba ofrendas nunha lagoa sagrada.[2][3] Hoxe en día, sábese que este pobo era o muisca e o sitio onde se realizaba a cerimonia era a lagoa de Guatavita (Colombia).[4] A noticia da riqueza muisca atrouxo até a sabana de Bogotá expedicións orixinadas en Quito (Ecuador),[5] Santa Marta (Colombia)[6] e Coro (Venezuela).[5] A suposta existencia dun reino dourado motivou numerosas expedicións e mantívose vixente até o século XIX,[7] aínda que a súa localización foise trasladando dende Colombia cara a Güiana,[8] a medida que avanzaba o proceso de conquista e colonización do territorio suramericano.[9]

O zipa adoitaba cubrir o seu corpo con po de ouro, e dende a súa balsa, ofrecía tesouros á deusa Guatavita na metade do lago sagrado. Esta antiga tradición muisca converteuse na orixe da lenda de El Dorado.

Notas