El Combate (A Coruña)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Combate.
El Combate foi un semanario que se publicou na Coruña entre 1901 e 1903.
El Combate | |
---|---|
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
Apareceu en febreiro de 1901. Semanario republicano. Estivo dirixido un tempo por Eumenio Rodríguez Rodríguez.[1] Contiña artigos asinados por coñecidos políticos republicanos como Joaquín Costa, Francesc Pi i Margall, Alejandro Lerroux ou Emilio Castelar, e outros artigos de Antón Vilar Ponte, Vicente Blasco Ibáñez ou Émile Zola. Tamén contou coas colaboracións de Fernando Halcón, Alfredo Calderón, Emilio Menéndez Pallarés, Rodríguez de la Hermida, Manuel Sánchez Roel e Víctor Oscáriz. Publicación de marcado carácter político, na maior parte dos seus números trataba acontecementos da vida política galega e nacional. Foi continuado por Tierra Gallega.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos
🔥 Top keywords: PortadaÁlvaro MorataEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesVerónica BoqueteEurocopa de FútbolAymeric LaporteDani CarvajalShannen DohertyJesús NavasJoselu MatoEstadio Olímpico de BerlínEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Selección de fútbol de EspañaIñaki WilliamsJude BellinghamSegunda guerra mundialJosé Ramón GarcíaRafael NadalLuke PerryPablo AmoWilli BaumeisterDonald TrumpTubingaSan Román de Vilaestrofe, CervoAWStatsWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISelección de fútbol de InglaterraPosicións sexuaisGaliciaAxuda:Cambios relacionadosBlas de LezoGrand Slam (tenis)Novak ĐokovićMartín ZubimendiBenito KamelasLista de castelos de PortugalWikipediaAndrés Iniesta