Edward Said

Edward Wadie Said (en árabe: إدوارد وديع سعيد |wædiːʕ sæʕiːd|, Idwārd Wadīʿ Saʿīd), nado en Xerusalén o 1 de novembro de 1935 e finado en Nova York o 24 de setembro de 2009, foi un profesor de literatura na Universidade de Columbia, intelectual e fundador do campo dos estudos poscolonialistas.[1] Palestino-estadounidense nado no Mandato británico de Palestina, era cidadán estadounidense a través do seu pai, veterano do exército estadounidense.

Infotaula de personaEdward Said

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Edward Wadie Said Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteleucemia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Mandato británico de Palestina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Victoria College (en) Traducir
Northfield Mount Hermon School (en) Traducir
Universidade de Princeton
St. George's School, Jerusalem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York
O Cairo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , musicólogo , politicólogo , tradutor , filósofo , crítico literario , xornalista , investigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMaire Jaanus (1962–1970)
Mariam C. Said
FillosNajla Said (pt) Traducir
 () Mariam C. Said (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRosemarie Said Zahlan (en) Traducir e Jean Said Makdisi Editar o valor em Wikidata
ParentesKhalil Beidas (second uncle (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0756429 BNE: XX887610 Dialnet: 147234 WikiTree: سعيد-1 Find a Grave: 7982556 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Said foi educado no canon occidental, en escolas británicas e estadounidenses, e aplicou a súa educación e perspectiva bicultural para iluminar os espazos de entendemento cultural e político entre o mundo occidental e o mundo oriental, especialmente sobre o conflito israelí-palestino no próximo oriente. As súas principais influencias foron Antonio Gramsci, Frantz Fanon, Aimé Césaire, Michel Foucault e Theodor Adorno.[2]

Como crítico cultural, é coñecido polo seu libro Orientalism (1978), crítica das representacións culturais que son a base do orientalismo, como o mundo occidental percibe Oriente.[3][4][5][6] O modelo de Said da análise textual transformou o discurso académico dos investigadores na teoría literaria, a crítica literaria e os estudos do próximo oriente, como os estudosos examinan, describen e definen as culturas que están a ser estudadas.[7][8] Como texto fundacional, Orientalism foi controvertido entre os investigadores dos estudos orientais, a filosofía e a literatura.[2][9]

Como intelectual, Said foi un membro controvertido do Consello Nacional Palestino, porque criticou publicamente a Israel e os países árabes, especialmente a política e a política cultural dos réximes musulmáns que actuaron contra os intereses nacionais dos seus pobos.[10][11] Said avogou polo establecemento dun estado palestino para asegurar as políticas de igualdade e os dereitos humanos dos palestinos en Israel, incluído o dereito de retorno á súa patria. Definiu a relación oposta ao status quo como a xurisdición do intelectual público, que ten que "peneirar, xulgar, criticar, escoller, para que a escolla e a axencia volva ao individuo".

En 1999, co seu amigo Daniel Barenboim, cofundou a West–Eastern Divan Orchestra, con sede en Sevilla, que comprende músicos novos israelís, palestinos e árabes. Ademais de estudoso, Said era tamén pianista, e coescribiu o libro Parallels and Paradoxes: Explorations in Music and Society (2002), compilación das súas conversas sobre a música.[12]

Said faleceu de leucemia o 24 de setembro de 2003.[10][13]

Honores e premios

Ademais de honras e pertenzas a institucións e organizacións de prestixio de todo o mundo, Said recibiu uns vinte graos universitarios de honra no transcurso da súa vida profesional como académico, crítico e home de letras.[14] Entre os premios que lle foron concedidos está o premio Bowdoin da Universidade Harvard. Recibiu o Lionel Trilling Book Award en dúas ocasións, o premio Wellek da American Comparative Literature Association e o primeiro Spinoza Lens Prize.[15] En 2001, Said recibiu o Lannan Literary Award e en 2002, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia. Foi o primeiro cidadán estadounidense que recibiu o premio Al Owais (por investigacións culturais e científicas, 1996–1997).[16] A súa autobiografía Out of Place (1999) recibiu tres premios, New Yorker Book Award para non ficción (1999), o Anisfield-Wolf Book Award para non ficción (2000) e o Morton Dauwen Zabel Award de literatura.[17]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas