Eduardo Iglesias Añino
Eduardo Iglesias Añino, nado en Teis o 14 de outubro de 1850 e finado en Vigo o 18 de xuño de 1916, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1850 Teis, España |
Morte | 18 de xuño de 1916 (65 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Alcalde de Vigo | |
1887 – 1888 ← valor descoñecido – Primitivo Blein Costas → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España Restauración borbónica en España |
Actividade | |
Ocupación | político local (pt) , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | María Curty |
Traxectoria
Fillo de Pedro Iglesias Vázquez, médico santiagués que exercía en Teis e que foi alcalde presidente do concello de Lavadores.[1] Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Madrid. Instalouse en Vigo como avogado en 1876, e integrouse no Partido Liberal, alcanzando a xefatura do partido e converténdose no home de Ángel Urzáiz en Vigo. Foi deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1882, 1888 e 1892) e alcalde de Vigo (1887-1888).
O 30 de abril de 1919 inaugurouse na súa memoria unha lápida de bronce na antiga rúa do Circo, de Vigo, creada polo escultor valenciano Mariano Benlliure,[2] que máis tarde foi trasladada ao Museo Quiñones de León, onde permanece exposta.[3]
Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.
Predecesor: ? | Alcalde de Vigo 1887-1888 | Sucesor: Primitivo Blein Costas |
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Taboada Moure, Pablo (1987). Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-505-6436-0.
- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 123. ISBN 84-87379-47-8.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Lápida a Eduardo Iglesias, 1919 c. do escultor Mariano Benlliure, exposta no Museo Municipal Quiñones de León.