Eddie Keizan

Eddie Keizan nado en Xohanesburgo o 12 de setembro de 1944 e finado na mesma cidade o 21 de maio de 2016,[1] foi un piloto de carreiras surafricano. Correu en tres Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 durante a década de 1970, debutando o 3 de marzo de 1973. Non anotou puntos no campionato.

Infotaula de personaEddie Keizan
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 2016 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , enxeñeiro , piloto de carreiras Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Logo de triunfar en Suráfrica pilotando salóns e autos deportivos, Keizan pasou a Fórmula 5000[2] onde gañou o campionato nacional. Tamén participou nos campionatos surafricanos de Fórmula 1, incluídos os tres Grandes Premios Surafricanos validos parao campionato do mundo, dúas veces cun Tyrrell propiedade de Alex Blignaut, este automóbil fora usado previamente por Jackie Stewart. No terceiro dos seus tres intentos, Keizan pilotou un Lotus 72, presentado polo equipo local Team Gunston.

Logo da Fórmula Un, Keizan competiu en turismos e tamén se concentrou nos seus intereses comerciais, incluída unha exitosa compañía de pinas de aliaxe, TSW Alloy Wheels oficialmente coñecida como Tiger Sports Wheels.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor123456789101112131415Pos.Puntos
1973Blignaut-Lucky StrikeTyrrell 004Cosworth V8ARXBRARSA
NC
ESPBELMONSWEFRAGBRNEDALEAUTITACANUSANC0
1974Blignaut-EmbassyTyrrell 004Cosworth V8ARXBRARSA
14
ESPBELMONSWENEDFRAGBRALEAUTITACANUSANC0
1975Team GunstonLotus 72Cosworth V8ARXBRARSA
13
ESPMONBELSWENEDFRAGBRALEAUTITAUSANC0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas