Economía de Islandia

A economía da Islandia é de tipo capitalista, semellante á doutros países escandinavos, con presenza dun estado do benestar social. Modesta en tamaño, depende en gran parte da pesca e industria relacionada, que responden de case o 70% das exportacións.

Economía de Islandia
Moedacoroa islandesa
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, AELC, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB12,95 mil millóns (2012)
Posición do PIB147ª no mundo[2]
Crecemento do PIB2,7% (2012)
PIB per cápita39 400 (2012)
PIB por sectoragricultura 5,3%, industria 24,4%, comercio e servizos 70,3% (2012)
Inflación5,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo180.800 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 4,8%, industria 22,2%, comercio e servizos 73% (2008)
Desemprego5,6% (2012)
Industrias{{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións5,1 mil millóns (2012)
Produtos de exportaciónpeixe e derivados 70%, aluminio, produtos animais, ferro-silicio, diatomito
Principais mercadosPaíses Baixos 32,4%, Alemaña 15%, Reino Unido 9%, Noruega 4,4% (2011)
Importacións4 699 millóns (2012)
Principais produtos importadosmáquinas e equipamentos, derivados de petróleo, alimentos, têxteis
Finanzas públicas[1]
Débeda externa124,5 mil millóns (2011)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible
Fábrica de aluminio da Alcoa en Reydarfjördur.

Ademais dos produtos de orixe mariña, outras produtos importantes na exportación son aluminio, ferro-silicio, equipamentos para pesca e procesamento de produtos marítimos e la. O comercio exterior desempeña un papel importante na economía da Islandia. Exportacións e importación equivalen, cada unha, a un terzo do PIB. A maior parte das exportacións é para os Estados Unidos, destacando tamén o Xapón. Cos seus volcáns, o país ten gran potencial de enerxía xeotérmica.

Antes da crise de 2008 o país tiña baixo desemprego, equilibrada distribución de renda e un forte crecemento.[1]. Despois da crise, as prioridades do goberno centráronse en estabilizar o valor da coroa islandesa, conter o déficit orzamentario, reestruturar o sector financeiro, conter a inflación e diversificar a economía.[1]

Notas

Véxase tamén