Austria, co súa forte economía de mercado e alto padrón de vida, ten ligazóns estreitas con outros países da Unión Europea, en especial Alemaña. Ten un forte sector de servizos, un expresivo sector industrial e un sector agrícola pequeno, pero desenvolvido[1]. O país tamén está beneficiandose de fortes relacións comerciais, especialmente no sector bancario e de seguros, cos países da Europa Central, Leste e Sueste.
Despois de varios anos de forte demanda polas exportacións austríacas e dun gran crecemento do nivel de emprego, a crise económica mundial do 2008 trouxe unha recesión profunda, pero de curta duración. A economía retraiu 3,9% o 2009 pero rexistrou un crecemento de 2% en 2010 e 3% en 2011[1]. O desemprego non creceu tanto como noutras rexións da UE, en parte por mor de subvencións do goberno para as empresas, que aplicaron a redución da xornada de traballo, sen despedimentos[1]. As medidas de estabilización e de estímulo, e tamén unha redución no imposto sobre a renda resultaron o crecemento do déficit público en 4,7% en 2010 e 3,6% en 2011, en comparación con só 1,8% en 2008[1].