Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).
Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".
Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido. Máis de 2 millóns e medio de persoas [1] empregan o servizo de transbordadores cada ano, xestionado por diferentes navieiras.
O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latinaPortus Dubris, de orixe disputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.[Cómpre referencia] Da mesma orixe é o topónimo galego Dubra, que viría do plural dubra do célticodubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Terían tamén mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses, irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[2].
Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.
Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.
Moralejo Laso, Abelardo (1980). Universidade de Santiago de Compostela, ed. "Notas acerca de Hidrominia Gallega". Verba: Anuario galego de filoloxía (Santiago de Compostela) (7): 157–170. ISSN0210-377X.