Doug Serrurier

piloto de automobilismo surafricano

Louis Douglas "Doug" Serrurier nado en Germiston o 9 de decembro de 1920 e finado en Alberton o 4 de xuño de 2006 foi un piloto e construtor de automóbiles de carreiras surafricano.[1][2] Participou en 3 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1 na década de 1960, competindo só na carreira do Gran Premio de Suráfrica, debutando o 29 de decembro de 1962. Nunca logrou puntos de campionato.

Infotaula de personaDoug Serrurier
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Germiston, Suráfrica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 2006 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Alberton, Suráfrica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , enxeñeiro , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Serrurier construíu unha serie de coches de carreiras baixo o nome de LDS,[3] logo das súas siglas (de Louis Douglas Serrurier). [4] O primeiro baseouse nun Cooper, [5] e os autos posteriores basearonse en Brabhams. Os autos foron pilotados principalmente polo propio Serrurier, e Sam Tingle. Do Cobra Club de Suráfrica:

Louis Douglas Serrurier construíu preto de 20 LDS Cobras durante o curso da súa historia como construtor de automóbiles. Todos eles foron distintos, con diferentes motores, chasis, suspensións e freos dependendo do ano en que se construíron.

Unhas cantas doutras carrozarías personalizadas atoparon a súa casa no chasis LDS na década de 70. Principalmente feitos a partir de fibra de vidro, pero tamén cupés e convertibles de aluminio.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor12345678910Pos.Puntos
1962Otelle NucciLDS Mk2Alfa Romeo 4 en liñaNEDMONBELFRAGBRALEITAUSARSA
Ret
NC0
1963Otelle NucciLDS Mk2Alfa Romeo 4 en liñaMONBELNEDFRAGBRALEITAUSAMEXRSA
11
NC0
1965Otelle NucciLDS Mk2Climax 4 en liñaRSA
NSC
MONBELFRAGBRNEDALEITAUSAMEXNC0

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas